![La trastienda #52](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/904/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/59ad4d75c5-20170904-saiz-poviva-radio-trastienda-roberto-feans-0115.jpg)
La trastienda #52
Lun | 21:00 | 21:28
Arrinca unha nova tempada na Trastienda. Visítanos o conselleiro e director deportivo granate, Roberto Feáns, para dar a cara e analizar a mala posta en escena do Pontevedra, pechacancelas en liga e eliminado en Copa. Con el falamos do momento do equipo, as fichaxes realizadas e a composición do plantel, así como os obxectivos do club, que pasan por comezar a remotar voo, co apoio da súa afección, a partir do próximo domingo no que visitará Pasarón o Toledo.