![La trastienda #26](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/9c6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5832fb51c9-20161121-patxot-trastienda-radio-639.jpg)
La trastienda #26
Lun | 21:00 | 21:53
Alá por principios/mediados dos 80, e máis exactamente en 1984 cando o Pontevedra conseguía o ascenso a segunda B en Eibar, os afeccionados máis veteranos lembrarán que moitas das aliñacións granates empezaban así: Co 1: Paco, co 2: Milucho, co 3: Churruca, co 4: Domingo, co 5: Tapia...Esa era a liña defensiva dun equipo inesquecible, e esa é a nosa aliñación desta edición de La Trastienda, na que recibimos aos seus tres primeiros integrantes, Paco, Milucho e Churruca.