![La trastienda #68](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/08b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5a53655190-20180108-patxot-radio-trastienda-luismi-338.jpg)
La trastienda #68
Lun | 21:00 | 21:31
Luís Miguel Areda "Luismi" é o invitado de La Trastienda, que regresa tras a paréntese do Nadal para efectuar unha análise da situación do Pontevedra, despois do empate fronte ao Celta B en Pasarón que lle leva a acumular 10 xornadas consecutivas sen gañar, metendo ao equipo granate en posto de play-out de permanencia. Co substituto de Luisito, falamos da súa situación persoal, das súas ilusións e posibilidades por ser confirmado como adestrador, e do estado dos xogadores, así como a posibilidade de que se produzan cambios na composición do plantel.