![La trastienda #87](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/d4d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5b02bbdc38-20180521-patxot-radio-trastienda-005.jpg)
La trastienda #87
Lun | 21:00 | 21:29
La Trastienda recibe a visita de tres dos artífices do ascenso do Marín Peixe Galego á liga LEB Prata: Javi Llorente, adestrador, Pablo González, capitán, e Jorge Romero, base do equipo marinense, tras culminar a tempada perfecta, con pleno de triunfos nos 34 partidos disputados tanto en liga regular como na fase de ascenso disputada durante o pasado fin de semana na Raña, para recuperar en pista o perdido un ano antes nos despachos.