![La trastienda #13](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/eee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/575eeb8d55-20160613-patxot-trastienda-radio-004.jpg)
La trastienda #13
Lun | 21:00 | 21:59
En La Trastienda escoitamos a voz da afección granate. Reunimos a Manuel Quiroga, blogueiro e creador dun dos sitios de debate na internet máis utilizados polos seguidores do Pontevedra, Pablo Cacheda, cineasta e membro da peña Referencia Granate, xunto con Kiko Alonso, integrante dunha das peñas máis animosas, Unión Granate. Analizan e debaten a situación do Pontevedra, tempada realizada, ilusións e esperanzas para o futuro inmediato.