![La trastienda #16](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/702/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/57d6a847ec-20160912-patxot-tertulia-radio-005.jpg)
La trastienda #16
Lun | 21:00 | 21:44
Segunda tempada do faladoiro deportivo da Trastienda. Renovamos emisión semanal recibindo a tres invitados que saben o que é vestir a camiseta do Pontevedra: Íker Alegre, un das fichaxes granates, lesionado de gravidade en Santander, pero que mantén a esperanza de que a tempada non se terminou para el; Ibrahim Baptiste, un xogador que chegou a Pontevedra para tentar abrirse camiño no primeiro equipo, e despois de moitos anos e bastantes cambios de destino, volve á casa granate para achegar a súa experiencia e axudar ao filial a conseguir o ascenso, e para que non falte a visión veterana, como ex xogador e agora fiel seguidor, asiduo da bancada de tribuna de Pasarón, Arceu, integrante dun Atlético Pontevedrés histórico e con moitos nomes de agradable recordo nas súas filas.