![La trastienda #19](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/2bb/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/57f293ba6f-20161003-patxot-trastienda-radio-003.jpg)
La trastienda #19
Lun | 21:00 | 21:54
O noso faladoiro deportivo de La Trastienda ven quentiño e interesante. Abordamos os actos previstos para celebrar o 75 aniversario do Pontevedra CF, a denuncia do club ao seu ex presidente José Manuel Fernández e o seu ex adestrador Milo Abelleira por suposto delito de estafa e a actualidade deportiva, coa vitoria sobre o Racing Club de Ferrol, co xornalista Xabi Fortes, o que fora presidente granate ao cumprirse os 50 anos, Enrique Vidal, e o conselleiro e avogado Pablo Galván, que tamén comenta algunhas novidades próximas a producirse no seo do club que preside Lupe Murillo.