![La trastienda #14](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/12e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/57681480aa-20160620-patxot-trastienda-radio-004.jpg)
La trastienda #14
Lun | 21:00 | 21:46
Juanlu foi protagonista do ascenso do Pontevedra en 2004 a Segunda División, naquel memorable partido fronte ao Lorca. Fran Fandiño tamén o foi máis recentemente, cando os granates, hai un ano, derrotaban ao Haro Deportivo para regresar a Segunda B. Visitan La Trastienda para lembrar sensacións, analizar a situación actual, e no caso de Fran Fandiño, despedirse dunha afección que é a súa, ao ter que abandonar o club que leva no corazón. Acompáñalles Alejandro Muñiz, un xoven árbitro, de Monteporreiro, que é a maior esperanza da arbitraxe pontevedresa para volver ter un representante na elite do chifre. Leva dúas tempadas na categoría de bronce e é serio aspirante ao ascenso a Liga Profesional. Explicaranos tamén os principais cambios nas regras de xogo que entrarán en vigor a próxima tempada.