![La trastienda #21](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/390/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/58053270bd-20161017-patxot-la-trastienda-radio-007.jpg)
La trastienda #21
Lun | 21:00 | 21:41
Nesta ocasión visita o noso faladoiro deportivo de La Trastienda a presidenta do Pontevedra CF, Lupe Murillo, e o ex presidente Miguel Domínguez. Con eles repasamos a actualidade granate, percorreremos un anaquiño da historia do club, e especialmente as celebracións do 75 aniversario, que culminaron co partido en Pasarón fronte ao Lealtad asturiano, e unha vitoria ante máis de 5.500 afeccionados, que leva aos de Luisito ao cuarto posto da clasificación.