![La trastienda #53](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/1e1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/59b672f385-20170911-patxot-trastienda-radio-215.jpg)
La trastienda #53
Lun | 21:00 | 21:29
Na Trastienda recibimos a visita de Álex González, Dani Hernández e Dani Tolmos, xogadores de Pontevedra, Teucro e Cisne para comentar con eles o sucedido nun fin de semana que tivo moito de épico, cos tres partidos resoltos nos momentos finais. Mellorou e moito o Pontevedra, que encaixou un duro golpe na última xogada do partido co empate do Toledo. Conquistou un punto pouco menos que imposible o Teucro en Zamora, remontando catro goles en menos de cinco minutos. E gañou o Cisne nunha segunda parte para enmarcar, nada menos que nun pista mítica como a Albericia, despois dunha primeira parte de terror. Todo iso será motivo de análise no noso programa.