
© Cristina Saiz
Os incómodos 'me gusta' nas redes sociais do desaparecido Libasse Guèye

Por Diego Espiño
A desaparición de Libasse Guèye pasou co paso dos días a ser todo un 'Expediente X' sen resolver no Pontevedra Club de Fútbol.
O extremo senegalés marchou de vacacións co bo sabor de boca que deixou a súa primeira titularidade da tempada ao lograr os dous goles que supuxeron o triunfo en Copa do Rei da granates fronte ao Tenerife de Segunda División, pero segue sen reincoporarse á disciplina do primeiro plantel.
Esperábaselle o día 29 de decembro no regreso ao traballo do equipo tras uns días de descanso, pero Guèye non se presentou, e desde entón encadea incomparecencias que lle fixeron perder mesmo un duelo que lle podía servir de maior escaparate como o desta semana fronte a unha Primeira División como o Mallorca, no que apuntaba a poder repetir presenza no once inicial.
Á espera de ter máis noticias sobre o seu paradoiro e as súas intencións, e tamén de saber como procederá o Pontevedra no caso de que se reincorpore debido á grave infracción na súa relación laboral, a súa actitude non deixa de ser desconcertante e ata incómoda.
O futbolista senegalés, recentemente elixido como o mellor sub-23 do seu país, deu sinais de vida nas súas redes sociais interactuando con diversas publicacións, entre elas dándolle a 'me gusta' a dúas publicacións do perfil oficial de Twitter do Pontevedra Club de Fútbol, unha relativa ao primeiro adestramento post-do Nadal e outra co anuncio da fichaxe de Derik Osede, este mesmo mércores 4 de xaneiro.
Primer adestramento despois das vacacións de Nadal
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) December 29, 2022
Próximo obxectivo @RCD_Mallorca #IzandoVelas #HaiQueRoelo pic.twitter.com/qT1J8G7I3y
OFICIAL | @derikosede asina como novo xogador do Pontevedra CF
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) January 4, 2023
O canterán do Real Madrid encontrábase sen equipo e adestrando co primeiro equipo do Pontevedra dende o comezo da tempada #IzandoVelas #HaiQueRoelo pic.twitter.com/mhBy1cyxb0
Unha actitude difícil de entender salvo que pretenda simplemente forzar a súa saída do club, ao estar descontento coa participación que ata a data tivo sobre o terreo de xogo.
Neste último sentido cabe lembrar que Libasse Guèye participou ata a data en 12 partidos de liga, saíndo sempre desde o banco de suplentes, cun total de 262 minutos acumulados, ao que se engaden 68 máis do partido de Copa contra o Tenerife.
Relacionadas:
-
Libasse Guèye reaparece en Pontevedra seis meses despois adestrando co filial
Por Diego Espiño |
-
Libasse Guèye reaparece en redes sociais cun dardo ao Pontevedra: "Non me dan a oportunidade de volver"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra estuda con Gueye as medidas a tomar pola súa espantada
Por Manu Otero |
-
Libasse Gueye volve dar sinais de vida... en redes sociais
Por Redacción |
-
Caso Guèye: A FIFA contempla sancións de ata 6 meses sen xogar por romper unilateralmente un contrato sen causa xustificada
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández, sobre a 'fuga' de Guèye: "Non é unha situación cómoda. O club é o que ten que tomar decisións"
Por Diego Espiño |
-
Dúas semanas despois Guèye dá sinais de vida: "Síntome moi ben"
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Sanción económica, despedimento disciplinario... A que se expón Libasse Guèye pola súa 'espantada' do Pontevedra?
Por Diego Espiño |
-
Desvelados os horarios da segunda volta de liga do Pontevedra, con ata cinco sábados de fútbol en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra afógase na beira (1-2)
Por Almu Dapena |
-
Antonio Fernández: "Estamos nun dos mellores momentos da tempada e temos que aproveitalo"
Por Diego Espiño |
-
Unha asistencia de 'play-off' para reavivar a chama granate nas bancadas de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández: "Oxalá o sábado vexamos este ambiente, necesitámolo"
Por Almu Dapena |
-
O Mallorca esperta o Pontevedra do soño copeiro na prórroga (0-2)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Os granates volven ao traballo con vinte efectivos e catro ausencias
Por Manu Otero |
-
Libasse Gueye é o mellor xogador sub 23 do ano de Senegal
Por Manu Otero |
-
Gueye vístese de Papa Noel e regala a Pontevedra unha nova festa de Copa á conta do Tenerife (2-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |