Dúas semanas despois Guèye dá sinais de vida: "Síntome moi ben"

Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Cunha mensaxe curta e directa. Así reapareceu a nivel público Libasse Guèye tras a súa 'espantada' do Pontevedra Club de Fútbol.
Dúas semanas despois de terse que incorporar a disciplina do primeiro persoal tras as vacacións de Nadal (os adestramentos retomáronse o 29 de decembro), o senegalés usou a súa conta da rede social Twitter para señanar que "síntome moi ben".
me siento muy bien
— Libasse Gueye (@LibasseGueye09) January 11, 2023
A mensaxe foi encaixado entre a sorpresa e a indignación en boa parte da esfera granate, desde o propio club aos moitos afeccionados que interactuaron coa publicación.
Posteriormente na súa conta de Instagram o extremo engadiu que "son un xogador de fútbol, para negociar está o meu axente", deixando entrever a súa decisión firme de abandonar o Pontevedra.
O certo é que, pese á mensaxe', Guéye segue sen aparecer pola Boa Vila acumulando incomparecencias nas sesións de traballo e nos partidos do seu equipo, como o adestramento celebrado este xoves na Xunqueira.
Un capítulo máis para un culebrón que pode terminar con castigo económico ou mesmo despedimento do futbolista, exposto ademais a non poder xogar nos próximos meses con ningún outro equipo nacional ou estranxeiro.
Relacionadas:
-
Libasse Guèye reaparece en Pontevedra seis meses despois adestrando co filial
Por Diego Espiño |
-
Libasse Guèye reaparece en redes sociais cun dardo ao Pontevedra: "Non me dan a oportunidade de volver"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra estuda con Gueye as medidas a tomar pola súa espantada
Por Manu Otero |
-
Caso Guèye: A FIFA contempla sancións de ata 6 meses sen xogar por romper unilateralmente un contrato sen causa xustificada
Por Diego Espiño |
-
O Estadio Reina Sofía de Salamanca rozará o cheo contra o Pontevedra
Por Redacción |
-
Antonio Fernández, sobre a 'fuga' de Guèye: "Non é unha situación cómoda. O club é o que ten que tomar decisións"
Por Diego Espiño |
-
Unionistas regala entradas aos seus socios para dar ambiente á visita do Pontevedra
Por Redacción |
-
Sanción económica, despedimento disciplinario... A que se expón Libasse Guèye pola súa 'espantada' do Pontevedra?
Por Diego Espiño |
-
O estado de Pasarón, unha vía sen saída. Como custearon o cambio de céspede outros equipos de Primeira RFEF?
Por Diego Espiño |
-
Desvelados os horarios da segunda volta de liga do Pontevedra, con ata cinco sábados de fútbol en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Os incómodos 'me gusta' nas redes sociais do desaparecido Libasse Guèye
Por Diego Espiño |
-
Os granates volven ao traballo con vinte efectivos e catro ausencias
Por Manu Otero |