Unha asistencia de 'play-off' para reavivar a chama granate nas bancadas de Pasarón
Por Diego Espiño
Foi posible inesperado, pero en todo caso unha sorpresa máis que agradable, e é que o Estadio Municipal de Pasarón rexistrou en Copa do Rei fronte ao Mallorca a mellor asistencia dos últimos anos no Estadio Municipal de Pasarón.
Foron segundo as cifras oficiais facilitadas polo club, preto de 10.500 os seguidores que poboaron as bancadas do estadio pontevedrés, cunha alta asistencia sobre todo de nenos e nenas que convidan a mirar o futuro granate con optimismo.
As promocións para o encontro, con entrada de balde para os menores de 16 anos e facilidades para conseguir entradas reducidas para os abonados, que tampouco pagaban, unido ás datas sinaladas con vacacións do Nadal para os escolares, formaron un caldo de cultivo que converteu en máis atractiva se cabe a visita dunha Primeira División como o Real Club Deportivo Mallorca, por moito que non fose un dos 'grandes' que podían aparecer no bombo.
No punto para mellorar, as colas formadas nos accesos a Pasarón, que non abriu todas as súas portas complicando a chegada dos afeccionados e provocando que moitos deles perdesen os primeiros minutos de xogo.
Para atoparse unha entrada mellor no coliseo granate hai que remontarse máis de sete anos, ao play-off de ascenso a Segunda División B, cando Pasarón viviu un dobre cheo primeiro coa amarga derrota por penaltis fronte ao Mensajero no duelo de campións de Terceira (31 de maio de 2015) e unhas poucas semanas despois no choque que supoñería o ascenso ante o Haro Deportivo (27 de xuño de 2015). Entre medias foron ao redor de 7.500 os seguidores que presenciaron a eliminatoria contra o Manzanares.
Desde entón só dúas ocasións máis se achegaron a esas cifras. Foron o play-off a Segunda División contra o Real Murcia o 20 de maio de 2017 (preto de 10.000 espectadores) e o partido da pasada campaña contra o Salamanca o 8 de maio de 2022 na que se logrou o ascenso 'virtual' a Primeira RFEF (preto de 9.000 espectadores).
Confiemos en que esta vez a 'onda' de granatismo sirva para enganchar un maior número de afeccionados aos partidos de liga do Pontevedra, empezando pola importante cita do próximo sábado 7 de xaneiro (19.00 horas) fronte ao Badajoz.
Relacionadas:
-
Desvelados os horarios da segunda volta de liga do Pontevedra, con ata cinco sábados de fútbol en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra afógase na beira (1-2)
Por Almu Dapena |
-
Antonio Fernández: "Estamos nun dos mellores momentos da tempada e temos que aproveitalo"
Por Diego Espiño |
-
Os incómodos 'me gusta' nas redes sociais do desaparecido Libasse Guèye
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández: "Oxalá o sábado vexamos este ambiente, necesitámolo"
Por Almu Dapena |
-
O Mallorca esperta o Pontevedra do soño copeiro na prórroga (0-2)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Badajoz, co xusto para viaxar a Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra formaliza a alta de Derik Osede
Por Diego Espiño |
-
Mario Ortiz marcha ao Algeciras e fai oco á fichaxe de Derik Osede polo Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A visita do Mallorca en Copa "é un partido para poder facer historia" no Pontevedra, aínda que mirando de esguello á liga
Por Diego Espiño |