O Poio leva o #DerbiDaRía con goleada ante o Marín (5-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Poio Pescamar regresa aos postos de play-off á conta dun Marín impreciso que cedeu por 5-1 e acumula seis xornadas sen gañar. Foi un #DerbiDaRía de gran ambiente no que gañou a experiencia do conxunto conserveiro, que chegou á cita despois de superar o brote de covid nas súas filas e coa recente incorporación de Ángela Guimarães.
Comezou o partido con dominio local, iso si, sen xerar ocasións claras que puidesen poñer en aprietos a Silvia Aguete. Con todo, aos sete minutos e de xogada ensaiada chegou o primeiro gol da tarde. A pichichi Dani Sousa rematou un saque de esquina sacado por Irene.
Tras o gol chegaron os mellores minutos das vermellas, que poñían a proba a Silvia cos disparos de Ana Rivera e Anna e beneficiábanse da quinta falta acumulada do Marín Futsal a falta de pouco máis de 10 minutos para o descanso. E desde os dez metros, de falta directa, transformou Dani Sousa o seu segundo gol, batendo á exvermella, que nada puido facer.
Co 2-0 tocaba remar. Dispuxo Ceci aos doce minutos dun balón ao pau e pouco despois María León, obrigando a estirada de Caridad para manter a portería a cero. Tamén se esforzaba en tarefas defensivas Luci a falta de catro minutos para o final e así evitar o gol de Ceci sobre a liña.
Pero cando mellor estaba a xogar o Marín, Agostina Chiesa apareceu para anotar o terceiro gol do Poio Pescamar, finalizando unha gran triangulación a pase de Ana Rivera.
Tras o paso polos vestiarios e aos catro minutos do segundo tempo, devolveu máis o golpe o cadro conserveiro. Esta vez Ana Rivera pasou a goleadora para rematar a gol a asistencia de Dani Sousa sen oposición, facendo o 4-0 que deixaba o duelo visto para sentenza.
Ademais, segundos despois e co Marín totalmente abatido, Dupuy roubou o esférico a Ceci en área rival e rematou raso para anotar o 5-0.
Alcanzado o ecuador do segundo acto, o conxunto branquiazul atopou o premio que tanto ansiaba pero que chegou tarde. Adriana, á saída dunha falta sacada por Ceci, anotaba o 5-1 co que se alcanzou o final do encontro.
POIO PESCAMAR (5): Caridad; Luci Gómez, Irene García, Dani Sousa e Ana Rivera (cinco inicial). Tamén xogaron, Anna Escribano, Luisa Mayara, Julia Dupuy, Martita, Agostina Chiesa e Ángela Guimaraes.
MARÍN FUTSAL (1): Silvia Aguete; Pau, Ceci, Café e María León (quinteto inicial). Tamén xogaron, María León, Mar, Pau García, Dani Fleitas, Lucía e Inés Mayán.
Goles: 1-0, min. 8 Dani Sousa. 2-0, min. 10 Dani Sousa (dez metros). 3-0, min. 18 Agostina Chiesa. 4-0, min. 24 Ana Rivera. 5-0, min. 25 Julia Dupuy. 5-1, min. 33 Adriana.
Incidencias: A Seca. Colexiados, Cardero Rodríguez e Feliz Otero. Amoestaron a María León, Gaby, Café, Adriana no Marín e Ana Rivera, Julia Dupuy no Poio Pescamar. As xogadoras saltaron á cancha cun crespón negro en recordo polos falecidos do naufraxio do barco Villa de Pitanxo.
Relacionadas:
-
O Marín Futsal afástase do descenso á conta do Penya Esplugues (0-2)
Por Almu Dapena |
-
Un Poio Pescamar desacertado perde pola mínima ante o Roldán (0-1)
Por Almu Dapena |
-
Sólido triunfo do Poio Pescamar ante un Atlético Torcal estrelado ante o muro Caridad (0-3)
Por Almu Dapena |
-
Vitoria pola mínima do Marín Futsal no derbi contra o Ourense Envialia (1-0)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Saída "alcanzable" para o Poio Pescamar e derbi de altura para Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar cae nos penaltis co Sala Zaragoza e despídese da Copa da Raíña (3-2)
Por Almu Dapena |
-
Un #DerbiDaRía postconfinamento para o Poio Pescamar e en momento delicado para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar refórzase coa brasileira Angela Guimarães
Por Diego Espiño |
-
O Marín Futsal volve perder na Raña, esta vez contra o Torreblanca (2-4)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Misión imposible para o Marín Futsal ante o líder Navalcarnero (5-1)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar desquítase e golea o Alcorcón (5-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |