O Poio Pescamar refórzase coa brasileira Angela Guimarães
Por Diego Espiño
A semana comeza con fichaxe no Poio Pescamar, que busca reforzar o seu plantel para un tramo final de tempada que se presenta ilusionante.
A pesar da irregularidade mostrada no inicio de curso o equipo adestrado por Manu Cossío ten na súa man meterse no play- off polo título de liga e tamén na fase final da Copa da Raíña.
Para conseguir elevar o seu nivel, o cadro conserveiro recurriu ao mercado brasileiro confirmando a incorporación de Angela Guimarães.
A futbolista, de 24 anos, ocupa o posto de ala e comprométese coas vermellas polo que queda de campaña e unha máis, segundo confirmou o club, quen a define como unha xogadora "que pode ser universal" e que " xoga con ambas as dúas pernas e con moita verticalidade".
Guimarães vivirá en Poio a súa primeira experiencia europea, tras destacar no Cianorte Futsal Feminino e no São José Futsal, no que se proclamou campioa do campionato Paulista. Ademais defendeu á selección universitaria do seu país.
Co equipo recuperándose dun gromo de covid que obrigou a suspender a última xornada de liga fronte ao Burela, a nova fichaxe conserveira podería debutar a próxima fin de semana no derbi comarcal contra o Marín Futsal.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar cae nos penaltis co Sala Zaragoza e despídese da Copa da Raíña (3-2)
Por Almu Dapena |
-
O Poio leva o #DerbiDaRía con goleada ante o Marín (5-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Un #DerbiDaRía postconfinamento para o Poio Pescamar e en momento delicado para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
Competición acepta o aprazamento do partido entre Burela e Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Un gromo de covid no Poio Pescamar obriga a solicitar o aprazamento do seu partido de liga en Burela
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar desquítase e golea o Alcorcón (5-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |