Competición acepta o aprazamento do partido entre Burela e Poio Pescamar
Por Redacción
O Comité de Competición da Real Federación Española de Fútbol aceptou a solicitude do Poio Pescamar para aprazar o partido de liga que lle debía enfrontar este sábado 12 de febreiro ao Burela Pescados Rubén.
O conxunto conserveiro solicitou a suspensión do choque ao detectar un gromo de covid que afectaba a xogadoras e persoal do primeiro plantel.
Agora ambos os dous equipos deben pactar unha nova data para o encontro, correspondente á 17ª xornada de liga.
Cabe recordar que no caso das vermellas tamén teñen pendente un duelo aprazado, de oitavos de final da Copa de Réinaa fronte ao Sala Zaragoza, que se recuperará o domingo 27 de febreiro.
O MARÍN FUTSAL, A POÑER FIN Á SÚA MALA SERIE
O que si xogará esta fin de semana é o Marín Futsal, que quere deixar atrás as catro xornadas que acumula sen vencer para asentarse na zona tranquila da clasificación e manterse a distancia dos postos de descenso.
As xogadoras adestradas por Raúl Jiménez recibirán este sábado (17.00 horas) na Raña o Melilla Sport Capital, equipo que conta con só un punto máis que as marinenses pero que se reforzou cunha das mellores xogadoras do mundo, a brasileira Armadinha.
"Non é o mesmo equipo da primeira volta. Fichou a Amandinha, que sabe máis que ninguén manexar os tempos dun partido, e que loxicamente marca as diferenzas. O Melilla por orzamento debería estar máis arriba", defende o técnico, que non poderá contar para a cita con Marta Gago.
Relacionadas:
-
Un #DerbiDaRía postconfinamento para o Poio Pescamar e en momento delicado para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar refórzase coa brasileira Angela Guimarães
Por Diego Espiño |
-
O Marín Futsal volve perder na Raña, esta vez contra o Torreblanca (2-4)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Un gromo de covid no Poio Pescamar obriga a solicitar o aprazamento do seu partido de liga en Burela
Por Diego Espiño |
-
Misión imposible para o Marín Futsal ante o líder Navalcarnero (5-1)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar desquítase e golea o Alcorcón (5-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |