O Poio Pescamar desquítase e golea o Alcorcón (5-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Poio Pescamar regresou este sábado á senda da vitoria goleando ao Alcorcón por un contundente 5-1. O conxunto conserveiro gustouse e gozou dun duelo na Seca que lle permite regresar aos postos de playoff.
Tan só catro minutos tardou o Poio Pescamar en inaugurar o marcador por mediación de Luci á saída e un córner despois de que Nere Moldes o desviase en boca de gol.
Buscou a reacción o conxunto visitante, imprimindo máis intensidade no xogo pero sen conseguir superar a Caridad. Iso si, foron as vermellas as que unha vez alcanzado o ecuador do primeiro acto, ampliaban a vantaxe cun tanto de Ana Rivera tras rematar no corazón da área unha contra conducida por Luci.
Pouco antes de alcanzar o descanso Caridad tivo que esforzarse para evitar o 2-1, salvando un disparo moi perigoso de Clau López que tocaba no pau. Pola contra, mentres ás oleiras non lles saían as cousas, ao Poio Pescamar saíalle todo e devolvía o golpe, obra de Irene García. A xogadora conserveira recibiu un pase en grao sumo preciso desde cancha propia en diagonal de Luci, a máis activa do Poio, para facer o 3-0 co que se chegou á segunda metade.
Tras o paso polos vestiarios, Luci, como non, tivo nas súas botas a oportunidade de facer o 4-0, mentres o Alcorcón subía a liña de presión coa intención de non deixar xogar ás vermellas e rozaba con Laura Oliva o seu primeiro gol da tarde.
Si que chegou o premio aos cinco minutos de xogo. Nunha boa acción ofensiva, Marta Nuño recibiu o esférico de Clau López e culminou unha contra coa que anotaba o primeiro gol visitante.
Con todo, cando máis opcións tiña o Alcorcón, mellor lle saían as cousas a un Poio que, nunha rápida contra, ampliaba a renda cun dobrete de Luci Gómez desde fóra da área.
Con todo perdido, o conxunto amarelo optou polo xogo de cinco con Laura Oliva, pero Luci anotaba o quinto gol rojillo desde cancha propia a porta baleira co que pechaba un partido que saíu redondo.
POIO PESCAMAR (5): Caridad; Luci Gómez, Irene García, Dani Sousa e Ana Rivera (cinco inicial). Tamén xogaron, Julia Dupuy, Agostina Chiesa, Martita, Luísa Mayara e Anna Escribano.
AD ALCORCÓN (1): Patri Arruti; Laura Oliva, Nere Moldes, Aída de Miguel e Tania (quinteto inicial) Tamén xogaron, Clau López, Marta Nuño, Laura, Paula Llorente, Iraia, Estela (segunda porteira).
Goles: 1-0, min. 4 Luci Gómez. 2-0, min. 9 Ana Rivera. 3-0, min. 18 Irene Garcia. 3-1, min. 25 Marta Nuño. 4-1, min. 30 Luci Gómez. 5-1, min. 40 Luci Gómez.
Incidencias: A Seca. Colexiados, Crespo Pardo e Ferrero Carballal. Amoestaron a Aída de Miguel, Clau López no Alcorcón e a Martita no Poio Pescamar.
Relacionadas:
-
Sólido triunfo do Poio Pescamar ante un Atlético Torcal estrelado ante o muro Caridad (0-3)
Por Almu Dapena |
-
O Poio leva o #DerbiDaRía con goleada ante o Marín (5-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar refórzase coa brasileira Angela Guimarães
Por Diego Espiño |
-
Competición acepta o aprazamento do partido entre Burela e Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Un gromo de covid no Poio Pescamar obriga a solicitar o aprazamento do seu partido de liga en Burela
Por Diego Espiño |
-
Comeza a segunda volta sen marxe de erro para o Poio Pescamar e cun duelo imposible para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar cae co Móstoles e despídese da terceira praza (2-4)
Por Almu Dapena |
-
Traballado triunfo do Poio Pescamar sobre o pechacancelas Joventut de Elche (2-4)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar dáse un festín para estrear o ano con vitoria sobre o Sala Zaragoza (5-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |