Pablo Dapena pecha o ano como cuarto clasificado no World Bonus da franquía Challenge
Por Diego Espiño
Pelexaba polo primeiro posto e o bonus de 30.000 dólares cando as lesións o deixaron sen poder competir nas últimas carreiras da tempada.
Pablo Dapena pechou finalmente o ano no cuarto posto do ranking World Bonus que outorga a franquía Challenge ao mellor deportista do curso, tras a disputa a fin de semana en Daytona, Estados Unidos, do seu último evento puntuable.
O pontevedrés, que era segundo con 1.000 puntos no momento no que os problemas físicos obrigáronlle a parar, viuse finalmente superado por Patrick Lange (1.325 puntos), Magnus Ditlev (1.080 puntos) e Frederic Funk (1.050 puntos).
A pesar da perda de posicións o lugar outorgalle un bonus de 8.000 dólares de premio, aínda que lonxe dos 30.000 do gañador, os 20.000 do segundo e os 14.000 dólares do terceiro clasificado.
Dapena xa gañara este ranking no ano 2018, aínda que naquela ocasión compartindo premio con Sebastian Kienle.
Pola súa banda en categoría feminina a vencedora do ranking foi a alemá Anne Haug.
Tras anunciar que poñía fin á súa tempada a comezos de outubro e despois un período de descanso e recuperación, Pablo Dapena afronta agora os primeiros pasos dunha nova pretempada co obxectivo de chegar en perfectas condicións físicas ás primeiras competicións de 2022.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena reaparece cun sólido triunfo no Mallorca Olympic Triathlon
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena, pretempada tardía en Lanzarote coa vista posta en xuño: "Non foi un inverno sinxelo, pero mereceu a pena"
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, incorporación de luxo para a nova tempada do Tríatlon Rías Baixas
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena renova para 2022 co equipo profesional BMC Pro Triathlon
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena pon fin á tempada por problemas físicos
Por Almu Dapena |
-
O sexto posto no Mundial coloca a Pablo Dapena segundo na loita polo World Bonus da franquía Challenge
Por Diego Espiño |
-
Sexto posto para Pablo Dapena e oitavo para Saleta Castro no Mundial de longa distancia de Almere
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena e Anneke Forrest, gañadores da XX edición do trofeo Ciudad de Pontevedra de tríatlon
Por Mónica Patxot & Almu Dapena |
-
Pablo Dapena chega ao ecuador da tempada cun bronce no Challenge Gdansk
Por Almu Dapena |