Pablo Dapena chega ao ecuador da tempada cun bronce no Challenge Gdansk
![Almu](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/ea8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5e90aef8d7-_noc0208.jpg)
Por Almu Dapena
A tempada de Pablo Dapena chegou ao seu ecuador cun gran terceiro posto no Challenge Gdansk disputado en Polonia este domingo.
O triatleta pontevedrés, que chegaba á cita en busca da súa primeira vitoria do ano, atravesou a méta a tres minutos despois do inglés James Teagle, que foi o gañador da competición, e a pouco máis dun do surafricano Matt Trautman.
A calor non deu tregua á proba de media distancia que comezou ás 8:00 horas cos 1.900 metros de natación. O primeiro en percorrelos foi o alemán Lukasz Wojt, cun tempo de 22:21, seguido do local Tomasz Bremor e de Pablo Dapena, que o seguiron a tan só 40 segundos. O líder do grupo perseguidor, a 1:39, era o británico James Teagle.
Xa no tramo ciclista, Lukasz Wojt empezou a tomar vantaxe sobre os seus perseguidores, que enseguida foron cazados. Así, ao paso polo quilómetro 20 a vantaxe do alemán xa era de 1 minuto sobre un grupo de seis no que ía Dapena, que apertou ata chegar ao quilómetro 50 para cazar ao líder.
Aínda quedaban 21 quilómetros de carreira a pé por percorrer. James Teagle comezou moi ben para irse en 25 segundos dos seus perseguidores máis próximos, Dapena e o surafricano Matt Trautman ao paso polo quilómetro 4.
Pero no 10 as cousas puxéronse complicadas para o pontevedrés. O británico pisou o acelerador para irse en máis dun minuto a Tratuman e Dapena, que quedou descolgado para seguir en terceira posición.
Finalmente, James Teagle chegou á meta nun tempo de 3:44:36, a máis de dous minutos de Matt Trautman (3:46:40) e a máis de tres de Pablo Dapena (3:47:43). Cuarto foi o finlandés Henrik Goesch e quinto o alemán Dominik Sowieja.