Pablo Dapena reaparece cun sólido triunfo no Mallorca Olympic Triathlon
Por Almu Dapena
Pablo Dapena está de volta... E de que forma! O triatleta pontevedrés regresou á competición tras nove meses fóra de combate cun sólido triunfo na décima edición do Mallorca Olympic Triathlon disputado este sábado na illa balear.
O campión do mundo de Longa Distancia en 2018 impúxose con autoridade na proba poñendo o colofón a unha concentración que estaba a facer en Mallorca co seu equipo, o BMC Prol Triathlon.
Dapena completou os 1.500 metros do tramo a nado nun tempo de 16:11, a 1:12 do seu perseguidor Joan Wager e do seu compañeiro de equipo, Patrick Nillson.
Nos 40 quilómetros de ciclismo, o pontevedrés mantivo un moi bo ritmo para manterse líder en solitario; Wager recortou distancias, pero sen chegar a alcanzalo, entrando a 1:01; e a 2:20 chegaron os perseguidores máis próximos compostos por un trío formado por Nilsson, Andoni Pol e Guillem Adoitar.
Chegaba a hora da verdade cos 10 quilómetros de carreira a pé, onde Dapena realizou o mellor parcial do Mallorca Olympic Triathlon cun tempo de 28:20 para atravesar a línea de meta en 1:42:22, a 1:58 de Wager e a 3:19 de Nilsson.
En categoría feminina o podio o formaron as locais Ana Soler con 2:13:17, superando en 3:20 a Adriana Andreu. Terceira foi Mariña Grosso a máis de 8 minutos
Winner! @pablitopiny wins @BEST_Centre_ Mallorca Olympic! Congratulations Pablo! First race of the season, first victory of season!! @patriktriathlon takes a strong 3rd place! pic.twitter.com/WWESMhbG8N
— BMC Pro Triathlon Team p/b 2XU (@BMCProTri) May 28, 2022
Relacionadas:
-
Pablo Dapena afronta o PTO de Canadá "con ganas de ver ata onde podemos chegar"
Por Diego Espiño |
-
A bici de Pablo Dapena, danada na súa viaxe ao PTO de Canadá: "Non estou en condicións de poder empezar a proba"
Por Diego Espiño |
-
Remontada épica e terceiro posto para Pablo Dapena no Europeo Ironman 70.3 de Elsinore
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena arrasa no Challenge de Gdansk
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena volve á acción no Challenge de Gdansk
Por Redacción |
-
Pablo Dapena, pretempada tardía en Lanzarote coa vista posta en xuño: "Non foi un inverno sinxelo, pero mereceu a pena"
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, incorporación de luxo para a nova tempada do Tríatlon Rías Baixas
Por Diego Espiño |
-
Javi Gómez Noya e Pablo Dapena cambian de adestrador
Por Redacción |
-
Pablo Dapena renova para 2022 co equipo profesional BMC Pro Triathlon
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena pecha o ano como cuarto clasificado no World Bonus da franquía Challenge
Por Diego Espiño |