Un xogador de banda, prioridade para o Pontevedra no caso de fichar

Por Diego Espiño
O Pontevedra segue sondando as posibilidades que ofrece o mercado invernal de fichaxes para reforzar ao equipo para a segunda e decisiva metade de tempada, especialmente tras a lesión de Javi López que deixa unha ficha sénior dispoñible.
Faino en todo caso sen présa. "No nos marcamos plazos", asegura Luismi, quen confirma que "se está trabajando, viendo futbolistas y opciones pero sin volvernos locos".
No caso de realizar unha fichaxe o preparador granate fixa a prioridade na posición do propio Javi López, xa que "al perder un extremo lo normal es que pudieramos reforzar la posición de extremo", polo que a idea da dirección técnica encabezaba polo conselleiro Roberto Feáns é "que si viene un jugador sea un jugador que pueda jugar por fuera", recoñeceu o adestrador.
De todas formas esa intención non supón "descartar otras opciones", mantén, a condición de que tal e como defendeu nas súas últimas comparecencias públicas sexa para mellorar o xa existente no plantel.
Con todo o mes de xaneiro por diante e o equipo nunha boa posición na táboa, as présas non son as que marcarán os movementos no vestiario de Pasarón, onde por outra banda non se adiviña ningunha saída, a priori, tendo en conta que "por nuestra parte no queremos que nadie se vaya y por parte de los futbolistas a día de hoy nadie ha pedido salir", defendeu Luismi.
Relacionadas:
-
Borja Domínguez, peza cobizada no mercado á que aspira o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A chegada de dous reforzos ao Pontevedra, cuestión de horas
Por Diego Espiño |
-
Cultural Leonesa e Pontevedra, dous equipos empatados a puntos pero afastados na súa realidade
Por Diego Espiño |
-
A falta de pólvora impide o triunfo dun Pontevedra superior a Unionistas (0-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Dous dos equipos máis en forma de Segunda B cítanse en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra resiste en inferioridade e asina un empate sen goles ante o Navalcarnero en Copa
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Javi López pasa polo quirófano e xa pensa na súa recuperación
Por Diego Espiño |
-
A Copa Federación regresa como escaparate para a segunda unidade
Por Diego Espiño |
-
As sancións entran en escena no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Tres goles como tres 'Reis' para un Pontevedra que varre ao Real Madrid Castilla (3-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |