Dous dos equipos máis en forma de Segunda B cítanse en Pasarón

Por Diego Espiño
O Estadio Municipal de Pasarón vivirá o vindeiro domingo (17:00 horas) o seu terceiro encontro en só sete días co duelo entre Pontevedra e Unionistas de Salamanca, dous dos conxuntos máis en forma de toda a Segunda B.
Nas últimas 10 xornadas de liga, tanto os granates como o equipo salmantino sumaron 19 puntos, só superados polo Atlético de Madrid B (21 puntos), o que lles levou a ocupar a quinta e a oitava posición da táboa. A pesar diso Unionistas chegará á Boa Vila tras caer a pasada xornada en Bouzas.
"Vienen de hacer muchos puntos y jornadas sin perder, lo que demuestra que parar ganarles cuesta mucho, son muy sólidos", asegura Luismi sobre un rival que cualifica de "muy correoso" e que "tiene muy claro a lo que jugar".
O técnico granate perde para a cita a Berrocal e Álex González por sanción, pero si poderá contar con Adrián Mouriño a pesar da súa expulsión o mércores en Copa, xa que ao tratarse dunha sanción de carácter leve (1 partido de suspensión" cumprirá o castigo no torneo copeiro.
Precisamente o substituo de Berrocal no centro do campo é un dos principais interrogantes nos granates, con varias opcións abertas que inclúen a Adrián León, que en Copa Federación probou nesa demarcación. "Es una alternativa que tenemos", recoñeceu Luismi.
As entradas para o encontro terán un prezo de 25 euros na bancada de Tribuna, 15 en Preferencia e 10 euros nos fondos, e o colexiado encargado de impartir xustiza será o asturiano Leandro Carbajales Gómez.
Relacionadas:
-
A falta de pólvora impide o triunfo dun Pontevedra superior a Unionistas (0-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Un xogador de banda, prioridade para o Pontevedra no caso de fichar
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra resiste en inferioridade e asina un empate sen goles ante o Navalcarnero en Copa
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Javi López pasa polo quirófano e xa pensa na súa recuperación
Por Diego Espiño |
-
Tres goles como tres 'Reis' para un Pontevedra que varre ao Real Madrid Castilla (3-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |