Tres goles como tres 'Reis' para un Pontevedra que varre ao Real Madrid Castilla (3-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Comezo de ano redondo para o Pontevedra Club de Fútbol. Coma se un agasallo máis de Reis tratásese, os granates callaron un dos seus partidos máis redondos da tempada para vencer con merecemento ao Real Madrid Castilla en Pasarón e pechar a primeira volta da competición nunha esperanzadora posición, quintos, pero empatados a puntos coa zona de play- off que pecha precisamente o filial madridista.
Quería desquitarse o cadro pontevedrés da súa última derrota e de paso dar unha puñada encima da mesa ante un dos aspirantes para pelexar polo ascenso pola calidade que atesoura nas súas filas, e o certo é que o fixo cun encontro serio, no que apenas cometeu erros.
O duelo iniciouse cun Pontevedra intenso na recuperación e nas disputas e tentando facer dano en rápidas transicións. Así en apenas un minuto forzou un lanzamento de esquina que terminou cunha boa ocasión nas botas de Romay, que non conectou co balón todo o ben que desexaba e permitiu a parada de Luca Zidane. A pesar deses bríos iniciais, o duelo entrou nunha fase de disputa na zona central, cos locais máis vivos pero sen conseguir traducilo en accións de gol.
Iso cambiou excedido o ecuador do primeiro período, cando Romay empezou a entrar en contacto co esférico entre liñas nunha posición que lle custaba defender á zaga do Castilla. Así o xogador granate deu un gran pase a Javi Pazos para que se plantase ante o gardameta visitante e sortease a súa saída, pero os centrais replegaron con rapidez impedindo a finalización. Foi con todo o aviso do que sucedería só dous minutos despois, no 29. De novo Romay filtraba un balón para que Pazos encarase a Luca Zidane. O porteiro gañoulle o partida pero o marinense continuou a xogada, atrasou o coiro á frontal onde Kevin disparou e tras un rexeite na defensa Mikel Arruabarrena aproveitou a súa boa situación para facer o 1-0.
O tanto reafirmou aos homes dirixidos por Luismi, ben plantados sobre o terreo de xogo á espera de poder achegarse de novo á meta madrileña con perigo. Fixeron algún tímido intento, pero preferiron baixar un piñón para asegurar o marcador ao tempo de descanso.
Co inicio do segundo acto os locais volveron á carga cunha intensidade que non lograba contrarrestar o Castilla, e da man dun activo Álex González empazaron a sucederse claras ocasións para encarrilar o choque. O extremo estivo a piques de bater a Luca cun lanzamento desde o pico da área, e un minuto despois Arruabarrena fallou man a man co porteiro visitante. O gardameta converteuse no mellor xogador dos seus e mantívoos no partido, salvando outra acción dun para un ante Álex González tras un bo pase de Javi Pazos.
Perdoaban os granates e a bancada se impacientaba temendo que o infortunio fixese voar os puntos. Non foi así. De novo desde a esquerda chegou o perigo con Álex gañando liña de fondo e poñendo un centro medido á cabeza de Arruabarrena para facer o 2-0 no minuto 72. Respirou o Pontevedra cun filial que non foi capaz de responder nin de comparecer sobre o terreo de xogo, do mesmo xeito que fixo despois o seu adestrador negándose a dar a habitual rolda de prensa post-partido.
Non inquietaron en ningún momento os visitantes, e o único que chegou xa no desconto foi a puntilla de Javi Pazos para pechar unha tarde-noite case perfecta e demostrar que o equipo empeza 2019 con ambición.
PONTEVEDRA CF (3): Edu, Nacho López, David Castro, Churre, Adrián León, Kevin, Álex González (Pibe, minuto 85), Berrocal, Javi Pazos, Romay (Mouriño, minuto 78), Arruabarrena (Pedro Vázquez, minuto 76).
RM CASTILLA (0): Luca Zidane, López (Dani Fernández, minuto 69), Fran García, Zabarte, Manu Hernando, Martín, Alberto, Fidalgo, Cristo, Seoane (Pedro, minuto 62), Miguel (Augusto, minuto 74).
Árbitros: José Alberto Pardeiro Puente auxiliado nas bandas por Silvia Fernández Pérez e José López Conde (Cantabria). Amoestou a Berrocal e Álex González no Pontevedra e a Manu Hernando no Castilla.
Goles: 1-0 Arruabarrena (min.29), 2-0 Arruabarrena (min.72), 3-0 Javi Pazos (min.93).
Incidencias: Partido da xornada 19 da Segunda División B disputado no Estadio Municipal de Pasarón ante ao redor de 3.500 espectadores.
Relacionadas:
-
A falta de pólvora impide o triunfo dun Pontevedra superior a Unionistas (0-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Dous dos equipos máis en forma de Segunda B cítanse en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Un xogador de banda, prioridade para o Pontevedra no caso de fichar
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra resiste en inferioridade e asina un empate sen goles ante o Navalcarnero en Copa
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Javi López pasa polo quirófano e xa pensa na súa recuperación
Por Diego Espiño |
-
A Copa Federación regresa como escaparate para a segunda unidade
Por Diego Espiño |
-
As sancións entran en escena no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O adestrador do Real Madrid Castilla négase a comparecer en rolda de prensa tras perder ante o Pontevedra
Por Sofía Lorenzo |
-
De Madrid a Pontevedra por amor a unhas cores
Por Diego Espiño |
-
Luismi, satisfeito porque o plantel "se cuidó en vacaciones"
Por Diego Espiño |
-
Ánimos renovados na volta ao traballo do Pontevedra
Por Diego Espiño |