A chegada de dous reforzos ao Pontevedra, cuestión de horas

Por Diego Espiño
A chegada de fichaxes é inminente no Pontevedra Club de Fútbol, que ultima as negociacións para incorporar dous futbolistas no mercado invernal.
Pode tratrase dunha cuestión de horas, a expensas de que se concreten os últimos detalles con todos os implicados.
"Creo que está muy cerca que tengamos una incorporación en muy breve tiempo", recoñeceu este martes Luismi en rolda de prensa, para sinalar a preguntas dos medios que "cuento con ellos" para sumarse aos adestramentos esta mesma semana.
Os responsables do club granate traballan na chegada de dous reforzos, un extremo que cubra a baixa por lesión de Javi López e, todo apunta, un centrocampista de corte creativo ou ofensivo, ambos en idade sénior, o que provocaría a baixa dalgún membro do actual plantel.
Neste sentido o técnico revelou que "puede haber la posibilidad de que un jugador que no tiene demasiados minutos pueda buscar la salida", un asunto que xa negocia a dirección deportiva.
O futbolista en cuestión sería Adrián Mouriño, que esta campaña non está a entrar con asiduidade nos plans do adestrador.
COPA FEDERACIÓN ANTE O NAVALCARNERO
No medio do traballo nos despachos, o Pontevedra afronta este mércores (18:00 horas) a volta dos oitavos de final de Copa Federación en Navalcarnero, tras o 0-0 da ida.
"Queremos pasar", asegura Luismi, que tirará de rotacións dando minutos a homes que non foron titulares nos últimos encontros e a integrantes da canteira. Así, entran na convocatoria Rivera, Iñaki e Antón xunto a: Ualoloca, Edu, Juan, Campillo, Adrián León, Nacho Lorenzo, Berrocal, Álex Fernández, Jesús, Javi Pazos, Álex González, Pibe e Pedro Vázquez.
Será o primeiro dos dous encontros que Pontevedra e Navalcarnero xogarán esta semana, xa que o domingo enfrontaranse en liga en Pasarón.
O primeiro plantel pontevedrés partirá ás 8:00 horas da mañá do mércores rumbo á comunidade madrileña para regresar tras o choque.
Relacionadas:
-
O Pontevedra fai oficial a fichaxe de Borja Domínguez
Por Diego Espiño |
-
Adrián Mouriño marcha cedido ao Rápido de Bouzas
Por Diego Espiño |
-
Sofre o Pontevedra pero empata en Navalcarnero (1-1) e avanza na Copa Federación
Por Redacción |
-
Borja Domínguez, peza cobizada no mercado á que aspira o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Cae coa cabeza alta un bo Pontevedra en León (2-1)
Por Redacción |
-
O Pontevedra reduce en 127.000 euros a súa débeda
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra explicará na Xunta de Accionistas unha sanción da Seguridade Social de 65.646 euros
Por Diego Espiño |
-
Un xogador de banda, prioridade para o Pontevedra no caso de fichar
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra resiste en inferioridade e asina un empate sen goles ante o Navalcarnero en Copa
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |