Mikel Arruabarrena é o dianteiro elixido polo Pontevedra para pechar o seu plantel
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol xa ten ao dianteiro que buscaba como última fichaxe.
Trátase de Mikel Arruabarrena, futbolista vasco con pasado en Primeira División co Eibar, e que foi confirmado este luns polo club granate como última incorporación estival.
Arruabarrena conta aos seus 35 anos cunha dilatada traxectoria profesional, e aterra en Pasarón procedente do Fuenlabrada madrileño, ao que chegou o último inverno e co que non chegou a estrearse en materia goleadora en 11 encontros disputados (5 como titular).
O atacante conta cunha mellor marca de 21 goles co Leganés na Segunda División B na tempada 2010/2011. Desde aquel ano os 13 tantos co Eibar 2012/2013 son o seu rexistro máis elevado, nunha tempada que finalizou co ascenso dos armeiros a Segunda.
Co primeiro equipo gozando este luns de xornada de descanso, Mikel Arruabarrena incorporarase aos adestramentos ás ordes de Luismi nunha semana na que Betanzos (xoves 16) e Ferrol (sábado 18) aparecen como compromisos amigables e como primeiras opcións para velo en acción.
O club non ten previsto realizar presentación oficial da fichaxe.
Relacionadas:
-
Suma e segue o Pontevedra en pretempada ao superar con solidez o Racing de Ferrol (0-2)
Por Redacción |
-
Ensaio xeral en Ferrol a unha semana de iniciar a liga
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra vence en Betanzos e mantén a súa imbatibilidade na pretempada
Por Redacción |
-
Arruabarrena, a menor ritmo no seu primeiro día como granate
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra aparca o céspede artificial no tramo final da pretempada
Por Redacción |
-
Recital de Romay, autor de catro goles no triunfo granate sobre o Juvenil de Ponteareas (1-6)
Por Redacción |
-
Vitoria pola mínima do Pontevedra ante o Fabril nun amigable sen pena nin gloria
Por Diego Espiño & Paula Sanmartín |
-
Romay ve neste Pontevedra "un equipo para ser ambiciosos"
Por Diego Espiño |
-
Empate sen goles para o Pontevedra ante o Arenteiro de Terceira División
Por Redacción |