O Pontevedra aparca o céspede artificial no tramo final da pretempada
Por Redacción
A pretempada do Pontevedra cambia de escenarios. Xa desde a pasada semana o equipo granate variou a súa rutina habitual de preparación buscando afinar a súa posta a punto en campos de herba natural.
A Xunqueira, campo habitual de traballo do equipo e que conta con céspede artificial, queda nun segundo plano xa que os de Luismi non volverán pisalo polo momento.
O feito de comezar a liga ante o Unionistas en Salamanca nun campo de céspede natural fará que o Pontevedra non compita en sintético ata a terceira xornada en Navalcarnero (9 de setembro). Por iso, e para previr posibles lesións por cambios de superficie, o club e o corpo técnico decidiron variar a súa programación.
Desta forma o primeiro plantel, que descansa este luns, volverá o martes ao traballo no campo de fútbol da Seca, en Poio, onde tamén se exercitará o mércores e o venres. Pasarón pola súa banda acollerá os adestramentos do equipo o xoves e o sábado.
Betanzos (xoves, 19:30 horas) e o Racing de Ferrol (sábado, 20:00 horas) serán os encontros de preparación da última semana sen competición oficial.
Relacionadas:
-
Ensaio xeral en Ferrol a unha semana de iniciar a liga
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra vence en Betanzos e mantén a súa imbatibilidade na pretempada
Por Redacción |
-
Arruabarrena, a menor ritmo no seu primeiro día como granate
Por Diego Espiño |
-
Mikel Arruabarrena é o dianteiro elixido polo Pontevedra para pechar o seu plantel
Por Diego Espiño |
-
Recital de Romay, autor de catro goles no triunfo granate sobre o Juvenil de Ponteareas (1-6)
Por Redacción |
-
Vitoria pola mínima do Pontevedra ante o Fabril nun amigable sen pena nin gloria
Por Diego Espiño & Paula Sanmartín |