O Pontevedra vence en Betanzos e mantén a súa imbatibilidade na pretempada
Por Redacción
Segue sen perder o Pontevedra Club de Fútbol en pretempada, aínda que ben é certo que o rival este xoves era un equipo tres categorías inferior como o Betanzos, de Primeira Rexional.
Os granates, este vez vestidos de azul, venceron a domicilio por 0 goles a 3 nun duelo que serviu para ver os primeiros minutos de Mikel Arruabarrena como xogador do club pontevedrés, e mesmo para vivir a súa estrea goleadora co segundo tanto do encontro.
O Pontevedra saíu ao campo con Diego, David Castro, Campillo, Pacheco, Antón, Álex Fernández, Mouriño, Javi López, Berrocal, Pibe e Rivera, dando paso Luismi a cambios na súa maioría tras o descanso. Rompeu esa norma Pibe que se retirou lesionado antes da media hora de xogo sendo substituído por Iñaki.
O primeiro gol do choque fíxose de rogar ata o fío do descanso, obra de Mouriño, e o mesmo sucedeu no segundo acto no que o marcador non se volveu a mover ata o minuto 86, co gol de Arruabarrena. Kevin desde o punto de penalti pechou o resultado a continuación.
Tras esta cita o Pontevedra pensa xa no que se antolla como un ensaio para o inicio da liga, coa súa visita o sábado ao Racing de Ferrol na Malata.
Relacionadas:
-
Pibe por lesión e Javi López por sanción, baixas seguras do Pontevedra para o debut ligueiro
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra cumpre coa súa tradición de inicio de tempada
Por Redacción |
-
Suma e segue o Pontevedra en pretempada ao superar con solidez o Racing de Ferrol (0-2)
Por Redacción |
-
Ensaio xeral en Ferrol a unha semana de iniciar a liga
Por Diego Espiño |
-
Arruabarrena, a menor ritmo no seu primeiro día como granate
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra aparca o céspede artificial no tramo final da pretempada
Por Redacción |
-
Mikel Arruabarrena é o dianteiro elixido polo Pontevedra para pechar o seu plantel
Por Diego Espiño |
-
Recital de Romay, autor de catro goles no triunfo granate sobre o Juvenil de Ponteareas (1-6)
Por Redacción |