Diego Domínguez e Joan Antoni Moreno, un bronce olímpico con aroma 'meco' e forxado no CGTD
Por Diego Espiño
A primeira medalla do piragüismo español nos Xogos Olímpicos de París (minutos despois chegaría a segunda co K-4 masculino), supuxo unha grata sorpresa para a delegación nacional e tamén pontevedresa, e é que en parte fraguouse na comarca.
Diego Domínguez, madrileño de nacemento pero que se trasladou hai uns anos a Pontevedra para adestrar no CGTD e competir coas cores do Breogán do Grove, logrou un meritorio bronce no C-2 500 facendo parella co balear Joan Antoni Moreno.
Poucos contaban con eles hai uns meses, pero no Selectivo Nacional celebrado en Verducido e na posterior Copa do Mundo de Szeged gañaron un sitio no equipo olímpico dando o 'sorpasso' aos andaluces Pablo Martínez e Cayetano García. Era o mes de maio, e en agosto completaron a proeza pisando o podio olímpico.
Nunha emocionante regata celebrada no Estadio Naútico Vaires-sur-Marne de París, Domínguez e Moreno lograron o terceiro posto e mesmo rozaron o segundo cun tempo de 1:41.08.
Aínda que nun primeiro momento non estaba clara a súa posición final, a súa aparición no marcador como os terceiros máis rápidos supuxo unha explosión de xúbilo. O ouro foi para os chineses Liu Hao e Ji Bowen cun crono de 1:39.48, mentres que a prata leváronlla os italianos Gabriele Casadei e Carlo Tacchini (1:41.08).
Relacionadas:
-
Antía Jácome queda ás portas das medallas no C1-200
Por Almu Dapena |
-
Diploma olímpico para Antía Jácome, sexta na final do C-2 500
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Pablo Crespo di adeus a París 2024 como semifinalista do C-1
Por Diego Espiño |
-
Carolina García queda sen final olímpica no K-2
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Sexto posto para Tere Portela e Carolina García na final olímpica de K-500
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome, pase directo á semifinal olímpica no C-1 200
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Pablo Crespo accede ás semifinais olímpicas de C1 1000
Por Anxo Lourido |
-
A pontevedresa Antía Jácome e María Corbera pasan á semifinal olímpica en C-2 500
Por Anxo Lourido |
-
Teresa Portela participará con 42 anos nunha nova final olímpica ao clasificarse nos seus sétimos Xogos
Por Anxo Lourido |
-
Diego Domínguez clasifícase para os Xogos Olímpicos
Por Almu Dapena | Creada e actualizada