Diploma olímpico para Antía Jácome, sexta na final do C-2 500
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A primeira opción de medalla para Antía Jácome nos Xogos Olímpicos de París 2024 quedouse en Diploma.
A deportista pontevedresa, que chegou a París coa máxima ambición, non puido pasar dun meritorio sexto posto na final do C-2 500 metros, embarcación que comparte coa madrileña María Corbera.
É o segundo Diploma Olímpico para Jácome na que é a súa segunda experiencia nuns Xogos, tras o logrado en Tokyo cun quinto posto no C-1 200.
Nesta ocasión, e tras superar a semifinal con autoridade, a parella española comezou nos postos de cabeza nos compases iniciais da regata, pero afectada polo vento terminou perdendo terreo ante o ritmo que marcaron as chinesas Xu Shixiao e Sun Mengya, ouro cun rexistro de 1:52.81. Segundas foron as ucraínas Liudmyla Luzan e Anastasiia Rybachok (1:54.30) e terceiras as canadenses Sloan Mackenzie e Katie Vincent (1:54.36).
En sexto lugar, a máis de dous segundos do podio, entraron finalmente Jácome e Corbera cun tempo de 1:56.65.
Con todo a participación de Antía Jácome nos Xogos Olímpicos aínda non terminou, xa que este sábado 10 de agosto afrontará de novo con máximas aspiracións as semifinais e posible final do C-1 200 metros (11.40 e 13.50 horas respectivamente), proba na que foi quinta en Tokyo.
"Soñabamos cunha medalla, fano todas as que participan nuns Xogos Olímpicos. Non foi nosa mellor regata, está claro, polas condicións que non nos deixaron remar como adoitamos facelo, pero é verdade que non tiñamos máis nada que dar cando cruzamos a meta e con iso quedamos", explicou a pontevedresa tras a regata.
Relacionadas:
-
Antía Jácome, tras o cuarto posto nos Xogos Olímpicos: "Non podía dar máis de min, terminei baleira de todo"
Por Almu Dapena |
-
Antía Jácome queda ás portas das medallas no C1-200
Por Almu Dapena |
-
Pablo Crespo di adeus a París 2024 como semifinalista do C-1
Por Diego Espiño |
-
Carolina García queda sen final olímpica no K-2
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Diego Domínguez e Joan Antoni Moreno, un bronce olímpico con aroma 'meco' e forxado no CGTD
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome, pase directo á semifinal olímpica no C-1 200
Por Diego Espiño |
-
A pontevedresa Antía Jácome e María Corbera pasan á semifinal olímpica en C-2 500
Por Anxo Lourido |