Antía Jácome, pase directo á semifinal olímpica no C-1 200
Por Diego Espiño
Grandes sensacións para Antía Jácome na súa segunda xornada de competición nos Xogos Olímpicos de París.
A deportista pontevedresa, tras estrearse no C-2 500 con María Corbera clasificándose directamente para as semifinais desta categoría, repetiu este xoves na proba individual, o C-1 200.
Co seu segundo posto nas series clasificatorias Jácome aforra o esforzo de remar nos cuartos de final, e segue aspirando ao máximo en ambas as dúas probas.
A canadense Sophia Jensen impúxose na quenda cun tempo de 46.80 segundos, con Antía á súa zaga marcando un rexistro de 47.35 e deixándose levar nas paladas finais.
Cumprido o trámite, este venres chegará a pelexa polas medallas no C-2 500, coas semifinais previstas para as 10.30 horas e a final programada ás 12.50 horas. No que respecta a a canoa individual decidirase o sábado (11.40 horas as semifinais e 13.50 a final).
Relacionadas:
-
Antía Jácome, tras o cuarto posto nos Xogos Olímpicos: "Non podía dar máis de min, terminei baleira de todo"
Por Almu Dapena |
-
Antía Jácome queda ás portas das medallas no C1-200
Por Almu Dapena |
-
Diploma olímpico para Antía Jácome, sexta na final do C-2 500
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Pablo Crespo di adeus a París 2024 como semifinalista do C-1
Por Diego Espiño |
-
Carolina García queda sen final olímpica no K-2
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Diego Domínguez e Joan Antoni Moreno, un bronce olímpico con aroma 'meco' e forxado no CGTD
Por Diego Espiño |
-
Sexto posto para Tere Portela e Carolina García na final olímpica de K4-500
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Pablo Crespo accede ás semifinais olímpicas de C1 1000
Por Anxo Lourido |
-
A pontevedresa Antía Jácome e María Corbera pasan á semifinal olímpica en C-2 500
Por Anxo Lourido |
-
Teresa Portela participará con 42 anos nunha nova final olímpica ao clasificarse nos seus sétimos Xogos
Por Anxo Lourido |