Un showcooking e ambientación musical como preámbulo da Feira da Cebola
Por Redacción
A exaltación á cebola, en Sanxenxo, comezou durante a mañá deste venres co showcooking do Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade do Salnés e a actuación de Rodrigo Valiente e os irmáns Visi na Praza de Pascual Veiga.
Un ano máis, tanto profesores como alumnos animáronse cos fogóns para demostrar o seu talento e realizar un menú coa cebola como ingrediente principal e que degustaron máis de medio centenar de comensais.
Os pratos para degustar foron quiche de cebola, sopa de cebola, canas recheas de compota de cebola e salsa de pementos, unha torta de queixo e un cóctel de autor tamén coa cebola como ingrediente estrela.
A cata comezou ás 12:00 horas e ás 13:00 recolleron a remuda o grupo formado por Rodrigo Valiente e os irmáns Visi, que fixeron bailar e cantar aos presentes cun repertorio musical moi coñecido.
O sábado continuarán as homenaxes á cebola cos tradicionais xogos populares ao longo da mañá na praia de Silgar e, ás 19:00 horas, celebrarase o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.
A festa seguirá cos Concertos da Cebola, que comezarán ás 21:30 horas con Doble M, no Paseo de Silgar; ás 22:30 horas, Lorre, na Rosa dos Ventos, e ás 23:30 horas, Kaleikia pechará o día no Paseo do Barcos.
Para o domingo, ás 20:30 horas, está prevista unha actuación moi especial, a Banda Bailada, protagonizada pola Banda de Música de Sanxenxo e a Asociación Cultural de Abiñadoira, na Praza Pascual Veiga e, para terminar, ás 22 horas terá lugar a procesión nocturna para recoller a imaxe de Santa Rosalía e devolvela á igrexa San Ginés de Padriñán.
Relacionadas:
-
Showcooking do Nadal a cargo do alumnado do Obradoiro de Hostalería do Salnés
Por Redacción |
-
O arrecendo a cebola volve inundar Sanxenxo cunha multitudinaria feira
Por Redacción |
-
Por Santa Rosalía, regresa a Feira da Cebola, este ano con 44 postos
Por Redacción |
-
Cambio de localización para a conferencia 'De Sanxenxo ao planeta vermello', de Fernando Abilleira
Por Redacción |
-
De Sanxenxo ao planeta vermello, guiados por Fernando Abilleira
Por Redacción |
-
As Cebolas de Ouro 2023 son para a doutora Adriana Nieva e o enxeñeiro da NASA Fernando Abilleira
Por Redacción |
-
Sanxenxo prepárase para 13 días de festas en honra a San Ginés, Santa Rosalía e a Virxe do Carme
Por Redacción |