As Cebolas de Ouro 2023 son para a doutora Adriana Nieva e o enxeñeiro da NASA Fernando Abilleira
Por Redacción
O enxeñeiro da NASA Fernando Abilleira e a doutora Adriana Nieva serán as persoas que distiguirá o Concello de Sanxenxo coas insignias de Cebolas de Ouro 2023. Ambos os dous recibirán os galardóns o próximo 4 de setembro polas súas traxectorias vitais e profesionais.
Fernando Abilleira reside actualmente reside en California coa súa muller e tres fillos, pero as súas vacacións e a súa infancia están ligadas a Sanxenxo, concretamente á vivenda da súa avoa en Padriñán. "Nacín en Madrid, pero pasaba de 2 a 3 meses de verán en Sanxenxo ata que terminei os meus estudos universitarios", indicou.
Abilleira é un dos poucos españois en traballar para a axencia espacial estadunidense NASA con importantes resultados, dirixindo o deseño da misión que ten como obxectivo aterrar un rover en Marte para tomar mostras do subsolo e buscar material orgánico. Tamén traballa como subdirector do equipo de Operacións de Voo do proxecto Sample Retrieval Lander, que se engloba dentro da campaña Mars Sample Return da NASA/ESA.
Para el, "recibir a Cebola de Ouro na miña terra é todo un orgullo e aceptareino de parte de todas as persoas que conforman a nosa sociedade. Sen o traballo e o esforzo de todas e cada unha delas, o noso día a día non funcionaría".
Pola súa banda, a outra protagonista é Adriana Nieva licenciada en Medicina, Estamatología e Maxisterio. Xunto ao seu marido, José Díaz Soto, primeiro médico de medicina xeral en Sanxenxo, axudou a nacer a moitos veciños de Sanxenxo na sala de alumeamentos da súa clínica. Orixinaria de Madrid, unha substitución dun médico tróuxoa ao Grove en 1961 onde coñeceu a José Díaz Soto, que xa exercía en Sanxenxo e con quen casou tan só dous anos despois.
"Non era habitual que una médico muller e o meu pai foi ao Grove a coñecela e namoráronse", conta coa súa filla, Adriana Díaz. "A súa prioridade sempre foron os enfermos e os seus pacientes. Ás veces comiamos ás tantas porque tiñan que saír a unha urxencia, mesmo pola noite, de madrugada, se había unha urxencia alá marchábanse", lembra.
Exerceu en Baltar durante 25 anos tras aprobar a oposición de Asistencia Pública Domiciliaria e percorrer distintos destinos, entre eles Meaño. "Sentía paixón polo seu traballo e sempre tivo moito carácter. Recordo cando nos contaba como a miraban cando chegou a Sanxenxo por poñerse pantalóns", rememora Díaz. "Foi unha adiantada ao seu tempo cunha mente brillante e unha forte personalidade".
Adriana Nieva ten 89 anos e unha enfermidade limítalle a expresión verbal e a mobilidade, pero acudirá acompañada dos seus fillos á entrega da Cebola de Ouro. "Seguro que se vai a emocionar. Estamos moi contentos e agradecidos por este recoñecemento", asegura a súa filla.
Relacionadas:
-
O arrecendo a cebola volve inundar Sanxenxo cunha multitudinaria feira
Por Redacción |
-
Por Santa Rosalía, regresa a Feira da Cebola, este ano con 44 postos
Por Redacción |
-
Un showcooking e ambientación musical como preámbulo da Feira da Cebola
Por Redacción |
-
Cambio de localización para a conferencia 'De Sanxenxo ao planeta vermello', de Fernando Abilleira
Por Redacción |
-
De Sanxenxo ao planeta vermello, guiados por Fernando Abilleira
Por Redacción |
-
Sanxenxo prepárase para 13 días de festas en honra a San Ginés, Santa Rosalía e a Virxe do Carme
Por Redacción |
-
Unha sardiñada de 500 quilos abre seis días de festa en Portonovo
Por Redacción |
-
As Cebolas de Ouro de Sanxenxo, para o Grupo Froiz e Pilar Leiro
Por Redacción |