Showcooking do Nadal a cargo do alumnado do Obradoiro de Hostalería do Salnés
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/41d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/658da6557e-image.jpg)
© Concello de Sanxenxo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e3f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/658da5d74d-dsc_0771.jpg)
© Concello de Sanxenxo
O equipo do Obradoiro de Hostalería do Salnés trasladou este xoves os seus fogóns ao recinto do Ice Park Sanxenxo para celebrar un Showcooking Cociña de Nadal.
Baixo a dirección de Carmen Germade, Paco Caneda e Pili Amoedo foron os encargados de guiar ao alumnado de cociña e sala para que os pratos chegasen aos comensais.
O menú estivo composto por unha tosta de pisto caramelizado con ventrecha e alioli, patacas chip con mexillóns e alioli de marmelo, polbo con pataca confeitada e queixo Arzúa Ulloa, e carlota de turrón. Todos os pratos estiveron maridados cun daiquiri de cervexa.
Ademais, organizouse para os máis pequenos un taller de elaboración de galletas do Nadal.
Hai apenas un mes que os vinte alumnos e alumnas comezaron a recibir formación nas especialidades de Cociña e Restaurante-Bar. Como en anos anteriores, participan en xornadas de degustación de produtos locais, de promoción de hábitos alimenticios saudables nos centros de ensino, demostracións de cociña (showcookings) e preparan menús con carácter solidario nestas datas para Cáritas.
En canto ao resto da programación de Nadal, dende o Concello de Sanxenxo avísase de que, por motivos de saúde, tívose que aprazar o teatro infantil, Conto de Nadal, previsto para este venres no recinto do Ice Park.