Lucía Santos presume do "equipazo" que presenta o BNG de Marín
Por Redacción
A candidata á Alcaldía de Marín polo BNG e actual portavoz da formación nacionalista na corporación municipal, Lucía Santos, destacou "a grandísima formación, capacidade, competencia e ilusión" da candidatura coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.
Nesta candidatura figuran 21 persoas titulares e 7 suplentes. A lista está encabezada por Lucía Santos, a número dous é Celia García Santomé (Grao en Ciencias Políticas e da Administración, e Mestrado en Marketing, Comunicación Política e Consultaría), seguida por José Souto Piñeiro (director dunha empresa de paisaxismo que recibiu numerosos premios a nivel galego e internacional).
O posto número catro é para Tino Iglesias García (Especialista universitario en Xerencia de Riscos e Seguros, e destacado activista cultural). No posto cinco vai Davinia Lojo Amoedo (Grao en Ciencias Políticas e da Administración, mestrada en Técnicas Estatísticas e tamén en Liderazgo e Comunicación Política).
O primeiro tramo o completan Xurxo Agra do Pazo (Licenciado en Ciencias Políticas e traballador da sanidade pública), Pamela Martínez Cortegoso (administrativa), Esther Crespo Iglesias (ex-concelleira do BNG), Xoán Daniel Rosales Rivas (presidente da Comunidade de Montes de Santomé) e Pablo Blanco (traballador do Servizo de Axuda no Fogar-SAF).
O segundo tramo da candidatura está conformado por Laura García Troitiño, Pablo Guimeráns Sanjorge, Cristina Valdés Méndez, Celso Milleiro Sánchez, Leire Castro del Río, Mario Martínez Carracelas, Ángela Naveira Guimeráns, Xavier Loira Villanueva, Eva Carracelas Broullón, Asunción Portas Martínez e pechando a lista de titulares o exconcelleiro Luciano Guimeráns Pazos.
Completan a lista as sete persoas que ocupan os postos de suplentes na candidatura: Begoña Laz García, Alberto Barros González, Geli Patiño Jaén, Roxelio Carballa Barroso, Ana Sánchez Miniño, Xaime Santomé Paz e Cecilia Pazos Moreira.
A voceira do BNG destaca que "presentamos un auténtico equipazo composto por persoas preparadas que forman parte de diferentes movementos asociativos culturais, sociais ou sindicais, disposto a levar a cabo o cambio transformador que tanto precisa o noso concello".
Relacionadas:
-
28M | O BNG de Marín preséntase como a alternativa ao PP para "construír un concello de vangarda"
Por Oskar Viéitez |
-
28M | Ana Pontón chama "a consumir non comercio local e a consumir produto local" nunha visita a Marín
Por Redacción |
-
María Ramallo perfila a súa axenda de campaña e o programa electoral do PP de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Barro quere construir un centro de día na entorna do tanatorio
Por Redacción |
-
O BNG presenta a Fran Leiro como candidato á Alcaldía de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Filgueira afirma que a candidatura do BNG en Cerdedo-Cotobade ofrece "traballo, diálogo e xestión"
Por Redacción |
-
O BNG adianta seis novos nomes da súa candidatura á alcaldía de Moraña