Filgueira afirma que a candidatura do BNG en Cerdedo-Cotobade ofrece "traballo, diálogo e xestión"
Por Redacción
O candidato do BNG á Alcaldía de Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira presentou ás persoas que o acompañan na candidatura como "un equipo de mulleres e homes con preparación, capacidade de traballo e entusiasmo, cun proxecto claro e realizábel que parte da nosa propia realidade para transformala a mellor".
"Feminismo, ecoloxismo, participación veciñal, servizos públicos, cultura, deporte e seguridade viaria" serán eixos básicos do programa que presentan os nacionalistas.
Mellorar a rede de saneamento e ampliala a todos os lugares, poñer en valor a riqueza paisaxística, histórico-artística e arqueolóxica, mellorar os camiños e o espazo público, apoiar o tecido empresarial local, fomentar a instalación de novas empresas, promover a producción agrícola e gandeira local, potenciar o deporte local creando complexos deportivos en Tenorio e Carballedo, apoiar máis aos clubes deportivos, ou facer unha programación cultural anual e chegue a todas as parroquias, son algunhas das propostas que recolle o programa do BNG.
Acompañan Ernesto Filgueira: Margarita do Rocío Graña Tapia, Anxo Santomé Fentanes, Alberto Cadavid García, Lucía Aguete Iglesias, Víctor José Rivas Villa, Sandra Fentanes Canda, Joám José Romero Durán, Gloria Malvar Fraguas, Antón Mouriz Fernández, Mucha Moa Bouzas, Xoán Antelo Suárez, Iria Riveiro Baltasar, Xosé Riveiro Fortes, Monse Fernández Arén, Carlos Gómez Cobas, Rosa Garrido Tato, Lino Moreira Caramés, Nuria González Peleteiro, Delmiro Durán Garrido, Ana Carmen Moa Bouzas, Alberto Nogueira Pérez, Sindo Penelas García.
Relacionadas:
-
A candidata do PSOE, Ana Couto, promete unha consulta veciñal sobre a fusión de Cerdedo e Cotobade
Por Redacción |
-
Jorge Cubela presenta unha lista que combina "a estabilidade do goberno coa ilusión das novas incorporacións"
Por Redacción |
-
O BNG presenta a Fran Leiro como candidato á Alcaldía de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Lucía Santos presume do "equipazo" que presenta o BNG de Marín
Por Redacción |
-
Gregorio Agís presenta novos integrantes da lista do PSdeG-PSOE para "gobernar Poio"
Por Redacción |
-
Catro edís non repetirán nunha lista do PP que integra aos membros de SAL
Por Redacción |