O BNG adianta seis novos nomes da súa candidatura á alcaldía de Moraña
O BNG de Moraña atópase en pleno proceso de configuración da candidatura para as vindeiras eleccións municipais que terán lugar en maio de 2023. Neste proceso, a organización nacionalista presentou o equipo de persoas que ocuparán os seis primeiros postos da candidatura.
O partido, logo de confirmar no pasado mes de outubro que Marcos Suárez sería o candidato á alcaldía de Moraña, deu a coñecer que as persoas que o acompañarán nos primeiros postos da candidatura serán Rubén Monteagudo (concelleiro e actual Responsable Local do BNG), Mariña Búa (concelleira do BNG), Lucía Silva (veciña de Amil e vice-responsable local), Ruth Caramés (veciña de Laxe) e Diego Oliveira (veciño do Calvo en Rebón).
Marcos Suárez, cabeza de lista do BNG, detalla que "este primeiro tramo que presentamos é un equipo de persoas comprometidas que acumulan xuventude, ilusión e futuro, pero tamén unha ampla experiencia no traballo feminista, social, cultural e experiencia e de xestión no ámbio da administración público e sector privado".
Suárez asegura que é consciente de que "a veciñanza está ollándonos con moita atención e agardando unha alternativa seria e fiable para iniciar un novo e necesario ciclo en Moraña, algo que está máis preto ca nunca."
A lista completa do BNG de Moraña, que incluirá varias novidades máis, está previsto que sexa presentada públicamente a toda a veciñanza o domingo 16 de abril nun acto público.
Relacionadas:
-
O BNG de Moraña enche o Multiusos na presentación da candidatura que encabeza Marcos Suárez
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG presenta a Fran Leiro como candidato á Alcaldía de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Lucía Santos presume do "equipazo" que presenta o BNG de Marín
Por Redacción |
-
O BNG de Moraña convoca unha manifestación polo colapso sanitario que afecta o centro de saúde
Por Redacción |
-
O BNG reclama unha auditoría sobre a seguridade viaria na N-541 para acabar cos accidentes
Por Redacción |