Dezaoito especialistas en atención primaria incorpóranse á área sanitaria

Por Oskar Viéitez
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; participou no acto de benvida dos primeiros 18 médicos especialistas en Atención Primaria que cubrirán prazas de facultativo nos diferentes centros de saúde da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
En concreto, cinco dos novos facultativos cubrirán as prazas nos centros de saúde da cidade de Pontevedra, tres en Vilagarcía de Arousa, dous en Cambados, dous en Marín e unha nos centros sanitarios de Baltar, Meaño, Moraña, Ponte Caldelas, Ribadumia e Vilaboa.
A todos eles, engadiranse tres profesionais máis, cando se complete a segunda quenda de adxudicación de prazas, que serán para Vilagarcía de Arousa, Cambados e O Grove.
García Comesaña agradeceu a participación dos novos facultativos nun procedemento que "contribuirá a paliar o déficit de médicos que sofre o conxunto do Sistema Nacional de Saúde".
Así, sinalou que o reforzo de persoal na área sanitaria pontevedresa "era unha prioridade para o goberno galego". 21 das 106 prazas de médicos de primaria convocadas pola Xunta para cubrir mediante concurso, teñen como destino os centros de saúde desta área.
Neste senso, lembrou outras medidas que segue a implementar a Xunta de Galicia co ánimo de garantir a calidade asistencial no Servizo Galego de Saúde.
Nomeadamente, precisou que os orzamentos do ano 2023 contemplan unha partida de 4 millóns de euros destinadas ás "melloras retributivas do persoal médico", ou a aprobación dunha segunda convocatoria por concurso de méritos, coa que poder cubrir prazas nas especialidades médicas de Pediatría, Saúde Mental, e nos diferentes hospitais comarcais.
"Seguiremos reforzando os centros de saúde e os PAC e seguiremos usando un sistema que xa comprobamos que funciona", apostillou o conselleiro.
No transcurso deste acto, que contou coa asistencia do o presidente do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra, Isidro Lago Barreiro; a directora asistencial da área sanitaria, Susana Romero Yuste; e a directora de Atención Primaria, Marta Ocampo Fontangordo, os novos profesionais médicos recibiron un agasallo de benvida do Colexio Médico, así como documentación de interese aportada pola área sanitaria.
Relacionadas:
-
Ribadumia disporá de pediatra os mércores e venres no centro de saúde
Por Redacción |
-
O Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra rompe relacións coa Consellería de Sanidade
Por Redacción |
-
"A política de recortes na sanidade pública por parte da Xunta de Galicia maltrata aos sanitarios e condena aos usuarios á morte por desatención"
Por Redacción |
-
A falta de médicos no PAC provoca un Pleno Extraordinario no Concello de Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
Venres de horror no centro de saúde Virxe Peregrina ante a ausencia de médicos
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Pontón denuncia que o Goberno do PP ten unha estratexia deliberada de peche progresivo dos PACs de atención primaria
Por Redacción |
-
Masiva asistencia á manifestación en defensa da Atención Primaria no Salnés
Por Redacción |
-
A área sanitaria insiste en que están a buscar fórmulas para resolver os problemas na Atención Primaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |