"A política de recortes na sanidade pública por parte da Xunta de Galicia maltrata aos sanitarios e condena aos usuarios á morte por desatención"
Por Redacción
A precariedade do servizo sanitario na comarca do Salnés provocou que a plataforma SOS Sanidade Pública O Grove convocara para este venres unha protesta frente á sede da Xunta de Galicia, en Santiago, para esixir que o centro de saúde da localidade volva ter servizo de Pediatría.
Apoiados por todos os grupos políticos do Grove e por numerosos veciños, a plataforma reclamou durante a concentración "o dereito a saúde" e denunciou, a través dun manifesto, "o desamparo total dos nosos cativos, aos que se lles nega a asistencia pediátrica dende o seu nacemento e o desmantelamento dos PAC".
"Os cidadáns da área sanitaria Pontevedra-Salnés, e especialmente a poboación do Grove, estamos sendo sometidos á tiranía das institucións que xogan coa nosa saúde e coa das nosas crianzas", critica SOS Sanidade Pública, véndose sometidos á "política de recortes na sanidade pública por parte da Xunta de Galicia" que "maltrata aos profesionais sanitarios e condena aos usuarios á morte por desatención" e "incumprindo todas as leis sobre saúde pública e convencións sobre dereitos da infancia, sen remordemento algún".
Nunha localidade con once mil habitantes e deles mil cincocentos menores en idade pediátrica, hai dispoñibles "cero pediatras", polo que estes nenos e nenas non teñen ningún facultativo asignado e "as revisións periódicas, controis de saúde ou calendarios vacinais están sendo relegadas e aprazadas constantemente".
Ademáis, afirman que, ao non ter médicos de garda, están obrigados a levar aos nenos ao Hospital Provincial, onde o servizo "está colapsado de pacientes de todos os pobos sen atención primaria e as familias teñen que agardar ata sete horas en condicións moi lonxe de ser dignas".
É por iso que, os grupos políticos, a veciñanza, e a plataforma SOS Sanidade Pública saíron á rúa para reclamar e esixir "que se cumpran os nosos dereitos e os dos nosos fillos e fillas. Queremos pediatras xa! Queremos profesionais que poidan facer un seguimento do historial clínico das crianzas, queremos asesoramento médico para as familias e atención sanitaria nos pobos, queremos servizo de urxencias no PAC".
Relacionadas:
-
O Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra rompe relacións coa Consellería de Sanidade
Por Redacción |
-
O Consello de Colexios Médicos considera como "atallos ilegais" e "unha temeridade "deixar os PAC só con atención de enfermería
Por Diego Espiño |
-
Cerdedo pola Sanidade Pública continúa presentando reclamacións no centro de saúde
Por Redacción |
-
Montse Prado, do BNG, afirma que a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés é o "banco de probas" do PP para desmantelar a sanidade
Por Anxo Lourido |
-
Un día antes da concentración de protesta o Sergas cubre seis das sete prazas de medicina familiar no centro de saúde do Grove
Por Oskar Viéitez |
-
O número de ausencias de facultativos nos PAC da área sanitaria de Pontevedra é o máis elevado de Galicia
Por Anxo Lourido |
-
A falta de médicos no PAC provoca un Pleno Extraordinario no Concello de Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
José Flores anuncia a reactivación do consultorio de Vilaxoán a partir do 10 de novembro
Por Redacción |
-
O goberno local de Pontevedra esixe á Xunta solucións para evitar que pedir cita médica sexa unha "odisea"
Por Redacción |
-
Dezaoito especialistas en atención primaria incorpóranse á área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Nova fin de semana sen médicos en Baltar, Cambados e O Grove
Por Redacción |
-
Protestas en Marín e O Grove ante a escaseza de médicos nos centros de saúde
Por Redacción |