
© PontevedraViva
Aprobado inicialmente o PMUS de Pontevedra, cuxa exposición comeza unha xeira polos barrios

Por Redacción
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou este luns o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS). Esta aprobación inicial virá seguida un período de exposición pública que rematará o vindeiro 31 de agosto e no que as persoas interesadas poderán presentar as súas suxestións.
En rolda de prensa, a portavoz do goberno, Anabel Gulías explicou que se trata “un fito" porque é “un paso máis no modelo" de cidade e supón "a ruta a seguir nos vindeiros 10 anos".
O documento vivirá até o vindeiro 31 de agosto un proceso de participación activa con actividades dirixidas ás familias e conferencias abertas á veciñanza en distintos locais sociais da cidade (Leste, Burgo e Gorgullón).
Ademais, o concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, está a manter encontros sectoriais con distintas entidades e colectivos para presentarlle o documento e pedirlles que fagan suxestións.
O proceso de participación tamén consta dunha exposición itinerante que se inaugurou o pasado 22 de xuño na praza da Peregrina e que comeza a súa andaina por outros barrios da cidade.
Dende este luns estará na praza da Constitución, en Campolongo, onde permanecerá 15 días. A continuación seguirá por Barcelos, a pasarela, Monte Porreiro, a praza da Curtidoira e a praza da ponte do Burgo até finais de setembro.
Relacionadas:
-
Pontevedra celebra a entrada en vigor do novo plan de mobilidade cunha 'PMUS Party'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
PP e representantes veciñais temen que a "humanización" da avenida de Bos Aires ille a Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O Concello calcula que gastará 82 millóns de euros de fondos propios en actuacións en mobilidade ata o 2035
Por Oskar Viéitez |
-
Organizan unha festa para facer partícipe á cidadanía do novo plan de mobilidade
Por Alejandro Espiño |
-
A 'racionalización' do tráfico nas beiras do Lérez, prevista para 2024
Por Alejandro Espiño |
-
Críticas do PP ao plan de mobilidade urbana por esquecer as bicicletas, o transporte público e medidas inclusivas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Rafa Domínguez afirma que reducir a velocidade a 10 km/h en parte da cidade "es pasarse completamente de frenada"
Por Redacción |
-
Pontevedra expón o seu novo plan de mobilidade sostible na Peregrina
Por Manu Otero |
-
O Concello expón as liñas xerais do Plan de Mobilidade ás ANPA
Por Redacción |
-
Choiva de iniciativas para dar a coñecer entre a cidadanía o Plan de Movilidad Urbana Sostible
Por Redacción |