
© Partido Popular de Pontevedra
PP e representantes veciñais temen que a "humanización" da avenida de Bos Aires ille a Monte Porreiro

Por Redacción
Representantes do Partido Popular de Pontevedra, co presidente local Rafa Domínguez, mantiñan un encontro coa Asociación de Veciños O Mirador de Monte Porreiro nas últimas horas dentro da rolda de contactos que a formación política está a realizar en distintos puntos do municipio para analizar os plans anunciados polo goberno local
Neste encontro, analizábase a "humanización" que o goberno de Fernández Lores ten previsto executar na avenida Bos Aires dentro do plan de mobilidade urbana sostible e a axenda urbana. Os representantes veciñais consideran que esta intervención sería unha peonalización desta vía que une Pontevedra con Monte Porreiro e supoñería un illamento máis para o barrio.
Rafa Domínguez coincide con esta opinión e sinala que Monte Porreiro é centro urbano de Pontevedra, "que paga impostos como o que máis e non recibe ningún tipo de servizo".
Ao longo da reunión tamén se analizou, segundo indican os populares, o déficit de investimentos que se rexistran no barrio durante os últimos anos. Reclaman un investimento en humanización e mellorar a limpeza, ademais do inicio de obras necesarias prioritarias para a urbanización.
Relacionadas:
-
O Concello calcula que gastará 82 millóns de euros de fondos propios en actuacións en mobilidade ata o 2035
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello calcula que gastará 82 millóns de euros de fondos propios en actuacións en mobilidade ata o 2035
Por Oskar Viéitez |
-
A 'racionalización' do tráfico nas beiras do Lérez, prevista para 2024
Por Alejandro Espiño |
-
Críticas do PP ao plan de mobilidade urbana por esquecer as bicicletas, o transporte público e medidas inclusivas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Aprobado inicialmente o PMUS de Pontevedra, cuxa exposición comeza unha xeira polos barrios
Por Redacción |