Organizan unha festa para facer partícipe á cidadanía do novo plan de mobilidade

Por Alejandro Espiño
Con actividades lúdicas para todas as idades e en diferentes espazos público da cidade. Así celebrará Pontevedra a entrada en vigor do seu novo plan de mobilidade urbana sostible. A festa, que foi bautizada como 'PMUS Party', celebrarase o próximo 8 de outubro.
O obxectivo desta celebración, segundo explicou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, é visibilizar que a cidade conta cun plan que lle permitirá "seguir avanzando nun modelo urbano que é moi exitoso".
As actividades, que terán como "base" a Praza da Peregrina, terán lugar en horario matinal, entre as 11:00 e as 14:00 horas, e vespertino, de 17:00 a 20:00 horas.
Desde ela haberá xogos e roteiros que, a través de desprazamentos a pé, en bicicleta ou en transporte urbano -estas últimas desde a Praza de Galicia-, pretenden "facer partícipe" á cidadanía deste novo documento, especialmente aos máis pequenos.
Así, entre outras iniciativas, haberá visitas guiadas polos cambios experimentados pola cidade, percorridos circulares en autobús, roteiros en bicicletas guiadas pola Policía Local, paseos en patinetes ou skate, talleres de condución segura ou diversos xogos no espazo público.
Relacionadas:
-
Pontevedra celebra a entrada en vigor do novo plan de mobilidade cunha 'PMUS Party'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Concello calcula que gastará 82 millóns de euros de fondos propios en actuacións en mobilidade ata o 2035
Por Oskar Viéitez |
-
A 'racionalización' do tráfico nas beiras do Lérez, prevista para 2024
Por Alejandro Espiño |
-
Críticas do PP ao plan de mobilidade urbana por esquecer as bicicletas, o transporte público e medidas inclusivas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Aprobado inicialmente o PMUS de Pontevedra, cuxa exposición comeza unha xeira polos barrios
Por Redacción |
-
Pontevedra expón o seu novo plan de mobilidade sostible na Peregrina
Por Manu Otero |