Rafa Domínguez afirma que reducir a velocidade a 10 km/h en parte da cidade "es pasarse completamente de frenada"

Por Redacción
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, valorou o Plan de Movilidad Urbana Sostible (PMUS) entregado polo Goberno local aos populares esta mesma semana. Tras varios días de estudo por parte de varios concelleiros do PP, Domínguez advertiu que se trata dun "documento incompleto", algo que recoñeceu o propio Goberno local nunha Comisión Informativa esta mesma semana.
"No cumple los contenidos mínimos que marca la Ley 4/2011, faltando los apartados de análisis económico, seguimiento y evaluación de las medidas tomadas", sinalou o PP.
As liñas xerais que marca este documento preocuparon aos populares xa que "entre los objetivos que se marca este documento se encuentra cerrar más calles, limitar la velocidad del tráfico a diez kilómetros por hora en más zonas de la ciudad, construir más lombos y, en definitiva, complicar todavía más el tráfico en la ciudad".
O documento, segundo conclúe Domínguez, "no soluciona ningún problema de tráfico, sino que los quiere empeorar todavía más". Neste sentido, a Domínguez preocúpalle que no documento non se reflictan as demandas cidadás polo que pregunta "¿qué sentido tiene la redacción de este texto si no se garantiza la participación de la sociedad?".
Domínguez advertiu de que "son muy ajustados" os tempos que manexa o Concello para rematar o texto. O portavoz do PP lembrou que o seu partido xa solicitara en Pleno a elaboración deste documento e o Goberno local votou en contra, lamentando que "al no tener un PMUS, el Ayuntamiento no pudo solicitar este mismo año seis millones de euros de fondos europeos Next Generation en materia de movilidad sostenible".
Ademais, asegurou Rafa Domínguez que "el Gobierno local ha pagado 4.500 euros por la traducción del documento al gallego, tras encárgaselo a una empresa de Madrid, la misma que ha realizado más de cinco informes de este tipo al Concello de Pontevedra".
"¿Es transparente y participativo encargarle toda la estrategia de movilidad (libros, informes, ordenanzas, PMUS, etc.) a un mismo estudio de ingenieros?", rematou o popular.
Relacionadas:
-
Críticas do PP ao plan de mobilidade urbana por esquecer as bicicletas, o transporte público e medidas inclusivas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O PP insiste no "colapso continuo" do tráfico en Pontevedra
Por Redacción |
-
Aprobado inicialmente o PMUS de Pontevedra, cuxa exposición comeza unha xeira polos barrios
Por Redacción |
-
Pontevedra expón o seu novo plan de mobilidade sostible na Peregrina
Por Manu Otero |
-
O Concello expón as liñas xerais do Plan de Mobilidade ás ANPA
Por Redacción |
-
Choiva de iniciativas para dar a coñecer entre a cidadanía o Plan de Movilidad Urbana Sostible
Por Redacción |
-
Catro mil metros cadrados peonís máis cada ano, o obxectivo de Pontevedra para crear unha "cidade integradora"
Por Alejandro Espiño & Diana Eiras |
-
Retirar tráfico motorizado das beiras do Lérez, un dos obxectivos marcados no Plan de Mobilidade Urbana Sostible
Por Redacción |
-
Pontevedra insiste en limitar máis o tráfico como vía para cumprir a lei de cambio climático
Por Redacción |