Os muros do colexio Vilaverde lembran ao seu antigo director, Don Victoriano Vidal Pazos

Por Redacción
O CEIP Vilaverde de Mourente acaba de estrear o vixésimo mural do proxecto municipal 'O teu cole na historia', impulsado co obxectivo de que o alumnado coñeza un pouco mellor os seus colexios e o contorno no que se atopan e acaden unha maior identificación con eles.
Esta nova intervención artística do equipo creativo de Polo Correo do Vento (Carlos Taboada e Kike Mauricio) supón unha lembranza para Don Victoriano Vidal Pazos, profesor e antigo director do centro.
No mural tamén está moi presente a natureza e patrimonio da parroquia pontevedresa, os seus cruceiros, a igrexa de Santa María e o seu Mouro de Mourente, o mirador do Picouto, os petróglifos do Monte do Castro ou o carballo senlleiro de Santa Margarida, con Sarmiento paseando.
O concelleiro de Educación e tenente de alcalde, Tino Fernández tamén lembra que non falta no mural Josefa Iglesias Vilarelle, a ilustre mestra de Mourente.
O programa ‘O teu cole na historia’ xa se traduciu na realización de murais nos CEIP Praza de Barcelos, Daría González, A Xunqueira I, A Xunqueira II, Álvarez Limeses, Froebel, Parada-Campañó, Cabanas (Salcedo), Ponte Sampaio, San Martiño (Salcedo), San Benito de Lérez, Manuel Vidal Portela, Santo André de Xeve, A Carballeira e Vilaverde; os CEP Campolongo e Marcos da Portela, e as EEI Fina Casalderrey, Crespo Rivas e Verducido.
Ademais, hai prevista unha última intervención no CEIP Marcón, antes da posta en marcha duns obradoiros en torno á historia destes murais para o alumnado dos centros educativos.
Relacionadas:
-
O Teu Cole na Historia retoma as actividades no CEIP A Carballeira de Lourizán
Por Redacción |
-
O programa "O teu cole na historia" entra en modo divulgativo
Por Redacción |
-
O CEIP Marcón xa presume de mural con motivos do Entroido tradicional
Por Redacción |
-
As mariscadoras, o Pazo de Lourizán e o trolebús no mural do CEIP A Carballeira
Por Redacción |
-
Concepción Crespo Rivas estrea mural na 'súa' escola de educación infantil
Por Redacción |
-
O colexio de Barcelos súmase a outros 17 centros e xa ten un mural sobre a súa historia
Por Redacción |
-
Os colexios de Pontevedra encheranse de murais para dar a coñecer a súa historia
Por Redacción |