O programa "O teu cole na historia" entra en modo divulgativo
Por Redacción
Rematado o proceso de creación de murais relacionados con personaxes, contornas naturais ou elemtos patrimoniais que marcan a identidade dunha vintena de centros educativos de Pontevedra, o programa municipal "O teu cole na historia" entra agora nunha nova fase consistente nuns obradoiros divulgativos dirixidos ao alumnado de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria que incluirán narración oral, debuxo e música en directo.
O primeiro dos talleres terá lugar o vindeiro luns 17 de xaneiro ás 10 horas no CEIP A Carballeira, en Lourizán; onde se creou un fermoso mural protagonizado polas mariscadoras, o Pazo de Lourizán e o trolebús.
"Cada colexio é diferente e ao mesmo tempo mantén moitas conexións cos outros vinte ata formar un mapa conxunto da historia e actualidade da educación en Pontevedra", sinala o concelleiro de Educación, Tino Fernández.
Na segunda parte dos talleres, realizarase unha actividade axeitada a cada idade escolar, na que os alumnos debuxarán un detalle do seu propio mural.
Actualmente xa contan con murais de "O teu cole na historia" os CEIP Praza de Barcelos, Daría González, A Xunqueira I, A Xunqueira II, Álvarez Limeses, Froebel, Parada-Campañó, Cabanas (Salcedo), Ponte Sampaio, San Martiño (Salcedo), San Benito de Lérez, Manuel Vidal Portela, Santo André de Xeve, A Carballeira, Vilaverde e Marcón; os CEP Campolongo e Marcos da Portela, e as EEI Fina Casalderrey, Crespo Rivas e Verducido.
Relacionadas:
-
Os obradoiros divulgativos de 'O Teu Cole na Historia' continúan no Crespo Rivas
Por Redacción |
-
O Teu Cole na Historia retoma as actividades no CEIP A Carballeira de Lourizán
Por Redacción |
-
Os muros do colexio Vilaverde lembran ao seu antigo director, Don Victoriano Vidal Pazos
Por Redacción |
-
O novo mural do colexio San Benito de Lérez homenaxea a Barriga Verde
Por |
-
O colexio de Ponte Sampaio homenaxea a súa historia a través das traballadoras da Pontesa e a batalla contra os franceses
Por Redacción |