'O teu cole na historia' visita o CEIP de Marcón

Por Redacción
O programa 'O teu cole na historia, coñecendo a nosa contorna', desprazouse este venres ata o CEIP de Marcón, onde Polo Correo do Vento realizou unhas sesións divulgativas para explicar ao alumnado a historia do seu colexio e do contorno.
Kike Mauricio e Carlos Taboada (Polo Correo do Vento) e o músico Antón Ke, explicaron a un total de 40 alumnos de Educación Infantil e 25 de Primaria do CEIP Marcón as historias agochadas no mural que ten como protagonista o entroido tradicional da parroquia, hoxe desaparecido pero coa intención de recuperalo con iniciativas e estudos por parte da Sociedade Antropolóxica Galega.
Entre os elementos que conformaron a intervención artística de Polo Correo do Vento incluíronse, a un lado, a pedra zoomorfa de Outeiro Navío e ao outro, a pedrafita de Pena Longa, que acompañan a paisaxe da ría dende o alto do Monte da Fracha. Un falcón peregrino, os muíños de Pintos, a igrexa e os petróglifos de Outeiro Redondo completan a historia e valerosa contorna que cingue este colexio.
'O teu cole na historia, coñecendo a nosa contorna', é un programa impulsado pola Concellería de Educación co obxectivo de que o alumnado de Pontevedra coñeza un pouco mellor a historia dos seus colexios e o contorno no que se atopan e acaden unha maior identificación cos centros.
Relacionadas:
-
Carrera solidaria no CEIP Marcón a favor da ONG Save the Children
Por Redacción |
-
O misterio das cartas que mantivo en albas o colexio de Marcón
Por Redacción |
-
Polo Correo do Vento presenta o libro 'O teu cole na historia' con motivo dos murais creados en 21 escolas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O CEIP de Marcón vence na categoría de Primaria no concurso nacional da auga subterránea
Por Redacción |
-
Os colexios Cabanas e Marcos da Portela reciben a visita de 'O teu cole na historia'
Por Redacción |
-
Os obradoiros divulgativos de 'O Teu Cole na Historia' continúan no Crespo Rivas
Por Redacción |
-
O Teu Cole na Historia retoma as actividades no CEIP A Carballeira de Lourizán
Por Redacción |