Carrera solidaria no CEIP Marcón a favor da ONG Save the Children

Por Redacción
O CEIP de Marcón celebrou este venres no recinto escolar unha carreira solidaria a favor de Save The Children. Con esta inciativa o colexio súmase a esta ONG para colaborar cos seus fins sociais.
A actividade desenvolveuse durante dúas horas. A ela estiveron convidados todos os membros da comunidade educativa, entre os que estaba alumnado, profesorado e familias.
A carreira organizouse en dous circuitos, unha para o alumnado de infantil e o seu profesorado e familia e outro para os de primaria. A participación foi voluntaria e dando a posibilidade de que cada quen correra o que puidera. Ademáis, a achega económica tamén foi voluntaria e dedicada integramente a Save the Children.
Desde o colexio indicaron que "pretendemos deste xeito colaborar coa asociación e fomentar hábitos de vida saudables á vez que fomentamos a colaboración familia-escola e a Competencia Cidadá". Esta última contribúe a que o alumnado poida exercer unha cidadanía responsable e participar plenamente na vida social e cívica na procura dun compromiso activo coa sostibilidade e o logro dunha cidadanía mundial.
Imaxes da carreira solidaria para Save the Children no CEIP de Marcón
A carreira organizouse en dous circuitos, unha para o alumnado de infantil e o seu profesorado e familia e outro para os de primaria. A participación foi voluntaria e dando a posibilidade de que cada quen correra o que puidera. Ademáis, a achega económica tamén foi voluntaria e dedicada integramente a Save the Children
© CEIP de Marcón
Relacionadas:
-
Os estudantes de sexto de Primaria de Marcón xa teñen o seu carné de ciberexpertos
Por Redacción |
-
RADIO.- Bombeiros de Pontevedra, os alumnos de Marcón deixáronvos os seus agradecementos en PontevedraViva Radio
Por Redacción |
-
O misterio das cartas que mantivo en albas o colexio de Marcón
Por Redacción |
-
'O teu cole na historia' visita o CEIP de Marcón
Por Redacción |