O CEIP Marcón xa presume de mural con motivos do Entroido tradicional

Por Redacción
O Centro de Educación Infantil e Primaria de Marcón xa conta co seu mural do programa 'O teu cole na historia', que promove a concellería de Educación, coa idea de que o alumnado teña acceso visual a particularidades da contorna.
Esta obra foi realizada por Kike Mauricio e Carlos Taboada, de Polo Correo do Vento, cunha especial dedicación ao Entroido tradicional da parroquia de Marcón, unha festa que na actualidade atópase desaparecida pero que se quere recuperar a través de iniciativas e estudos que está a promover a Sociedade Antropolóxica Galega.
Segundo sinala o concelleiro de Educación, Tino Fernández, este traballo recolle a pedra zoomorfa de Outeiro Navío e a pedrafita de Pena Longa, nunha paisaxe da ría vista desde o alto do monte da Fracha. Ademais, na imaxe aparece un falcón peregrino, os muíños de Pintos, os petróglifos de Outeiro Redondo ou a igrexa da parroquia.
A concellería poñerá en marcha obradoiros educativos en relación coa historia que se reflicte neste mural e noutros 21 centros de estudo do municipio para que o alumnado teña coñecemento sobre o desenvolvemento dos seus centros educativos.
Relacionadas:
-
Os escolares do CEIP de Marcón recuperan o Entroido tradicional da parroquia
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Venres de desfile escolar co boneco de palla para recuperar o Entroido tradicional de Marcón
Por Redacción |
-
O Teu Cole na Historia retoma as actividades no CEIP A Carballeira de Lourizán
Por Redacción |
-
Os muros do colexio Vilaverde lembran ao seu antigo director, Don Victoriano Vidal Pazos
Por Redacción |
-
As mariscadoras, o Pazo de Lourizán e o trolebús no mural do CEIP A Carballeira
Por Redacción |
-
Concepción Crespo Rivas estrea mural na 'súa' escola de educación infantil
Por Redacción |
-
Castelao, protagonista no CEIP San Martiño do último mural de 'O teu cole na historia'
Por Redacción |
-
O balneario do Lérez protagoniza o novo mural na Escola Fina Casalderrey
Por Redacción |