Concepción Crespo Rivas estrea mural na 'súa' escola de educación infantil

Por Redacción
A Escola de Educación Infantil (EEI) Concepción Crespo Rivas estreou a nova intervención artística do proxecto 'O teu cole na historia'.
A acción, impulsada pola concellería de Educación e o equipo creativo de Polo Correo do Vento, supuxo o pintado dun mural nunha das paredes do centro.
En concreto a pintura está presidida pola mestra que dá nome á escola, e nela aparecen ademais reflectidos o invernadoiro co que traballa o alumnado e a asociación ecoloxista Vaipolorío por unha banda e polo outro se lembra ás lavandeiras e a antiga estación de ferrocarril que estaba situada no actual barrio de Campolongo.
'O teu cole na historia' estreou ata a data murais no CEIP Praza de Barcelos, Daría González, A Xunqueira I, A Xunqueira II, Álvarez Limeses, Froebel, Parada-Campañó, Cabanas, Ponte Sampaio, San Martiño, San Benito de Lérez, Manuel Vidal Portela, Santo André de Xeve, o CEP Campolongo, Marcos da Portela e as EEI Fina Casalderrey, Crespo Rivas e Verducido.
Relacionadas:
-
O Teu Cole na Historia retoma as actividades no CEIP A Carballeira de Lourizán
Por Redacción |
-
O CEIP Marcón xa presume de mural con motivos do Entroido tradicional
Por Redacción |
-
Os muros do colexio Vilaverde lembran ao seu antigo director, Don Victoriano Vidal Pazos
Por Redacción |
-
O colexio de Barcelos súmase a outros 17 centros e xa ten un mural sobre a súa historia
Por Redacción |
-
A mestra e política galeguista Daría González suma unha homenaxe en forma de mural
Por Redacción |
-
Castelao, protagonista no CEIP San Martiño do último mural de 'O teu cole na historia'
Por Redacción |