Os colexios de Pontevedra encheranse de murais para dar a coñecer a súa historia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/567/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5f7357dcb1-whatsapp-image-2020-06-18-at-13.47.23-1-.jpeg)
© Concello de Pontevedra
A concellería de Educación do Concello de Pontevedra pon en marcha a campaña "O teu cole na historia, coñecendo a nosa contorna". Unha iniciativa que ten como obxectivo conseguir que o alumnado se idetifique co seu centro escolar e coa cidade a través da realización de murales nos centros de Infantil e Primaria coa colaboración da empresa local Polo Correo do Vento.
Cun orzamento de 17.000 euros, os murais terán un tamaño de 2x2 metros e cada un deles formará parte dun conxunto de intervencións que servirán para dar unha imaxe común dos colexios participantes formando un conxunto en forma de cómic, explicou o concelleiro de Educación, Tino Fernández.
Todos aqueles centros interesados en participar deben contactar coa concellería de Educación antes do 9 de outubro.
Doutra banda, o goberno local acaba de contratar dúas obras de manteniemiento na gardería da Parda consistente na reposición de cristais valorada en 1.200 euros e a reparación de varios xogos infantís deteriorados por 1.000 euros. Así mesmo, na Escola Infantil Crespo Rivas, o Concello destinou 1.4000 euros á adquisición de materiais para o arranxo de fontanería.