Os orzamentos do Estado centran os seus investimentos na A-57, o nó de bombeiros e o porto de Marín
O Goberno fixo público este mércores o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2022 que, no caso de Pontevedra, centran os seus investimentos na autovía A-57, a nova ligazón de bombeiros e o porto de Marín.
O Executivo que preside Pedro Sánchez tamén inclúe partidas para a segunda fase do paseo marítimo a Marín (1,7 millóns de euros) e a reforma do antigo edificio de Facenda, na Praza da Ferrería, que se destinará a arquivo histórico provincial.
Neste último caso, o Ministerio de Cultura e Deporte contempla unha previsión de 2 millóns para 2023 e doutros 3,5 millóns para o 2024 e o 2025 aínda que a licitación do proxecto para a construción desta nova sede está prevista no exercicio 2022.
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana recolle, con todo, a maior partida para Pontevedra que volve ser para a A-57, a coñecida como circunvalación de Pontevedra. Para o tramo Vilaboa-A Ermida,que está en execución, destínanse 23,73 millóns en 2022.
Non se recollen avances, polo contrario, nos outros dous tramos A Ermida-Pilarteiros e Pilarteiros-Barro (este último coa conexión coa autovía do Salnés). Márcanse "sen previsión", reservándose a cantidade de 100.000 euros para manter aberto este capítulo.
O denominado como Enlace de Pontevedra Norte, popularmente coñecido como o nó de bombeiros, repite asignación e o Goberno volve consignar un investimento de 2,2 millóns de euros para o 2022, outros cinco millóns de euros máis para o 2023 e tres millóns en 2024.
Tamén Portos do Estado contempla investimentos no porto de Marín para o 2022 como son a prolongación do novo peirao comercial (3,9 millóns de euros), actuacións porto-cidade (1,1 millóns de euros), ademais de distintos investimentos na mellora de pavimentos nos peiraos, intervencións no sector pesqueiro, actuacións en seguridade marítima e outras obras xenéricas e menores.
Para a mellora de calados non destina cantidade para 2022 pero a partir de 2023 contempla investimentos por un total de 11,3 millóns.
Os orzamentos tamén inclúen fondos da sociedade Aguas de las Cuencas de España (ACUAES) para o plan de saneamento da ría, que comprende a rede de sumidoiros de Samieira e Raxó e a ampliación da EDAR de Paxariñas en Sanxenxo (2,96 millóns, a fase final da musealización de 18 xacementos arqueolóxicos galaico-romanos ou o novo cuartel da Garda Civil en Cambados (3,16 millóns de euros).
1.074 MILLÓNS PARA GALICIA
En conxunto Galicia recibirá 1.074 millóns de euros de investimentos, un 8,3% do total, o que a sitúa como a quinta comunidade que máis fondos percibe nos Orzamentos 2022. A autovía Santiago-Lugo ou a produción de dúas fragatas F-110 son os proxectos de maior contía das previstas polo Goberno.
Relacionadas:
-
O Ministerio de Transición Ecolóxica proxecta un novo emisario submarino para a depuradora de Paxariñas
Por Oskar Viéitez |
-
Desvíos de tráfico nocturnos esta semana na AP-9 polas obras de rehabilitación do paso superior do Nó de Bombeiros
Por Redacción |
-
Adxudicado ao Grupo Canalis o saneamento da rede municipal de Vilaboa
Por Redacción |
-
Confían que en xaneiro cheguen os informes que permitan abrir o paseo a Marín
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Estado só pagou o 10% do paseo entre Pontevedra e Marín
Por Redacción |
-
O BNG presenta as súas emendas ás orzamentos xerais coas que "sairía gañando toda a cidadanía da comarca"
Por Redacción |
-
Ana Pastor censura a "tomadura de pelo" do Goberno de Pedro Sánchez con Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta aprobará este luns os orzamentos para 2022 enfocados na fase final da pandemia
Por Redacción |
-
O PP di que Pontevedra é unha provincia "castigada" nos orzamentos do Estado
Por Oskar Viéitez |
-
Lores, "preocupado" porque a A-57 se está "eternizando no tempo"
Por Alejandro Espiño |
-
"Luz verde" ao novo nó de Bombeiros, que o Goberno licitará a principios de 2022
Por Alejandro Espiño |
-
Un problema xurídico imposibilita que os cidadáns poidan gozar do paseo marítimo entre Pontevedra e Marín
Por Marisa Ciordia |
-
O Parlamento galego expón ao Goberno que o antigo edificio de Facenda albergue tamén a Biblioteca Pública
Por Redacción |
-
O antigo edificio de Facenda será a nova sede do Arquivo Histórico Provincial
Por Alejandro Espiño |